Concerto de Albert Plá & Diego Cortés en Pontevedra

sáb24feb20:00Concerto de Albert Plá & Diego Cortés en PontevedraCiclo Musical 'Resoan'20:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O ciclo musical ‘Resoan’ trae o 24 de febreiro ao Teatro Principal de Pontevedra ao artista máis polifacético, transgresor e sorprendente que deu a Península Ibérica.

Músico, cantante, actor, escritor, pallaso, bufón… Albert Pla é un deses exemplares únicos na súa especie cunha capacidade perpetua para conmover, remover e sorprender. A ninguén deixa indiferente

Nesta ocasión conta coa complicidade do sorprendente e xenial guitarrista xitano Diego Cortés, coa súa presenza, ten as mans libres e o corpo desatado para converter calquera platea nun escenario onde teatralizar as súas cancións e conseguir un espectáculo dunha poética inusual devastadora e electrizante.



Cancións que contan historias tráxicas e delirantes, cotiás e sorpredentes, delicadas e brutais,crúas e surreales nas cales o verdugo é tamén vítima, a calma transfórmase en tormenta, a comedia convive coa traxedia e a serenidade desemboca no desenfreo. Todo para facer evidente a estreita liña que separa o ben do mal, o branco do negro, o positivo e o negativo.

Diego Cortés é o incrible Hulk do flamenco, compartiu escenario con Mike Oldfield, Santana, Larry Coryell e Paco de Lucía entre outros.

Entradas anticipadas á venda desde 14 euros en Ataquilla.com e, de non esgotarse, á venda dende unha hora antes do evento na billeteira do Teatro Principal desde 15 euros.


Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!