'Bolboretroula' en Pontevedra

sáb16mai10:30'Bolboretroula' en Pontevedra'Maio, Mes da Lingua' en Pontevedra10:30 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A nova edición do programa ‘Maio, mes da lingua’ chega con máis de 20 propostas culturais que converterán a cidade e as parroquias de Pontevedra nun espazo de celebración, encontro e reivindicación da lingua galega.

A programación, que reafirma o compromiso do Concello de Pontevedra coa promoción e dinamización da lingua galega, chega ata xuño e inclúe máis de vinte propostas culturais, educativas e de lecer dirixidas a públicos de todas as idades, cunha especial atención á infancia e ás familias a través do programa Apego con contacontos, espectáculos, mitoloxía galega, concertos, foliada, teatro, ioga en familia, xogos tradicionais, obradoiros e actividades musicais ás que as familias con cativada de 0 a 6 anos poden acceder a través de apuntate.pontevedra.gal

Tamén terán lugar entre moitas outras iniciativas o Correlingua o xoves 21 de maio, a representación ‘Vertixe’ de Teatro con Lingua o 24 de maio ás 20.00h na Casa Verde de Salcedo, a gala ‘Ben Veñas, Maio’ o sábado 30 ás 18.00h no salón de actos do Pazo da Cultura ou as entregas dos premios de relato curto da FAMPA o 4 de xuño e os Mil Primaveras o 13, ambas tamén no Pazo.

A música terá tamén un protagonismo especial o xoves 14 ás 19.30h na Praza da Ferraría co ‘Concerto a 3 bandas’, do CMUS Manuel Quiroga. Xuntaranse as bandas do centro cunha banda convidada que será este ano a banda de Tenorio nun concerto reunirá arredor de 200 alumnos e alumnas xunto cun coro de 50 voces.

ANPA Bolboreta do CEIP Cabanas organiza o ‘Bolboretroula’, que terá lugar o sábado 16 a partir das 11 da mañá no Parque de Cabanas e contará con Cé Orquestra Pantasma e o seu xogueteiro, o grupo Cantanascroas para facer uns Cantos de Taberna Miúda, un contacontos de Celso Fernández Sanmartín, un obradoiro de baile tradicional da man de Erica Iglesias, o espectáculo ‘Brincadeiras da lingua’ de Migallas Teatro e o peche da man de Refugallo Rock. 

Ademais, haberá unha homenaxe a Begoña Caamaño polo Día das Letras a través de diferentes actividades. Os nenos do cole fixeron traballos , debuxos, códigos QR para escoitar historias de Begoña.

O sábado 16 a Asociación A Pedreira celebrará a súa ‘Festa da Lingua’, a festa máis importante do ano, na que haberá un concerto de música en galego para público infantil da man de Brais das Hortas e Peter Punk e actividades típicas xogos infantís con Sororas, unha ruada con Foula, as Pandereteiras de Quireza, unha manifestación con saída ás 18.30h da Peregrina con solta de libros pola cidade e para rematar unha foliada con concerto de Polavila.

Hora

(Sábado) 10:30

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!