This is a repeating event

Circo de Pinocho en Redondela

ven04outConsultarCirco de Pinocho en Redondelao novo espectáculo de Educateatro Producións(Consultar: venres) Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

O Circo de Pinocho é o novo espectáculo de Educateatro Producións. Unha montaxe creada unicamente para representarse en carpa que combina o teatro musical cunha escolma dos números máis clásicos do circo.

Do 4 ao 13 de outubro na Carpa Educateatro instalada no Aparcadoiro da Marisma de Redondela.

  • Venres 4 (estrea absoluta) e 11 de outubro, día da persoa espectadora. Prezo único 10 euros + gastos.
  • Domingo 6 e 13 de outubro na sesión das 12:00 horas, 3 euros de desconto.

Despois de que a Fada Mimadriña convertese a Pinocho nun neno de verdade, o noso protagonista cumpre o seu soño e monta o Circo de Pinocho. Geppeto será o pallaso, a Fada a trapecista e Pepiño Grilo o mestre de cerimonias, pero… faltan o resto de artistas! Geppeto construirá os bonecos que realizarán números de corda frouxa, equilibristas, malabarista, acróbatas… e a Fada Mimadriña daralles vida co seu conxuro.

Co que non contaba ninguén é que este mesmo feitizo fará que Pinocho se transforme de novo nun boneco de madeira.

Durante o fantástico espectáculo de circo, Pinocho e Pepiño Grilo terán que atopar á Fada para reverter o conxuro, pero non aparece por ningures. Raptouna a malvada Chinche Chinchón, que está reclutando artistas para o circo da competencia.

Poderán os protagonistas liberala para que Pinocho volva ser un neno de verdade?

Información de interese:

  • Duración: 2 horas con descanso de 15 minutos incluído.
  • Idioma: Galego.
  • Non está permitida a entrada de carriños de bebé á sala. Disporase dun parking no vestíbulo do circo.
  • As cadeiras de rodas poden acceder tanto ao palco central como ao lateral, seleccionando calquera butaca, que será substituída o día da función.
  • As funcións poderán ser canceladas por condicións climatolóxicas moi adversas, seguindo as recomendacións de MeteoGalicia ou Aemet.

Entradas anticipadas á venda dende 11,60 euros en Ataquilla.com

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!