Broken Peach actuará o xoves 22 na Festa do Mar de Combarro | © Broken Peach

Concerto de Broken Peach en Poio

xov22agoConsultarConcerto de Broken Peach en PoioFesta do MAr de Combarro(Consultar: xoves) Praza da Chousa, Combarro - Poio

Detalles do Evento

Concello de Poio xa está ultimando a programación da Festa do Mar, que se celebra do 22 ao 25 de agosto en Combarro. Tal e como fixo na edición pasada, este ano volverán a apostar por impulsar o espírito mariñeiro da festa, coidando os decorados, mesturando gastronomía e cultura, e cunha programación ampla e variada para todas as idades.

Con respecto aos concertos, The Rapants, Bombai, Soraya Arnelas, Broken Peach, Remember Queen ou La Ocaband serán algúns dos artistas e grupos que se subirán pola noite ao escenario na Praza da Chousa. “Pensamos nunha programación variada, que ofreza propostas para todas as idades e para todos os gustos”, sinala o concelleiro de Festexos e Eventos, Fran Dasilva, que indica que a programación completa darase a coñecer nos próximos días. Todos os concertos serán gratuítos.



Así, o xoves 22 actuarán a orquestra La Ocaband e Broken Peach, un grupo que leva anos triunfando nos escenarios e que hai unhas semanas presentaban “Welcome to the Brokenlands”, o seu primeiro disco con cancións orixinais.

venres a banda galega do momento, The Rapants, porá a música en Combarro a través do programa +Música da Deputación. Naturais de Muros, Samuel, Matías, Xaquín e Xanma forman esta banda que navega entre o indie, o pop e o garage, cunha identidade propia, moi marcada, que desborda talento, actitude e diversión sempre ao servizo do público. A finais de xaneiro de 2023 sacaron o seu último traballo, co título “O Corazón coma un after”, un LP co que a banda camiña cara o asentamento profesional e a súa aposta por un estilo propio, cargado de rifs de guitarra e sintetizadores.

As actuacións de Bombai e Soraya Arnelas serán o sábado. Bombai é un grupo valenciano que se deu a coñecer co single “Solo si es contigo”, un tema fresco e positivo cun son pop-rock e un toque reggae moi coidado que contou coa colaboración da cantante extremeña Bebe. Despois virían tamén os temas “Imparables”, “Superhéroes” ou “Tú me has cambiado”.

Soraya Arnelas é unha cantante e compositora española que se deu a coñecer no ano 2005 no programa Operación Triunfo, desde entón conta con éxitos musicais como “Dreamer”, “Feeling You”, “Con Fuego” ou “Universe in me”. “Earthquake” é o novo single, que inaugura unha nova etapa na súa traxectoria, que o ano próximo cumpre vinte anos na industria musical.

Por último, o domingo será a quenda de Remember Queen, un dos mellores tributos do mundo que no seu tour europeo fai parada en Poio. Unha homenaxe a Queen, á súa música e á figura do seu líder, Freddie Mercury, que desde o ano 2011 foi vista por máis de tres millóns de espectadores.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Praza da Chousa, Combarro

Praza da Chousa, s/n 36994 Combarro

Está pasando!