‘Miami 1990 Tour’ | Café Quijano

Concerto de Café Quijano en Poio

sáb22ago23:30Concerto de Café Quijano en PoioFesta do Mar de Combarro 202623:30 Praza da Chousa, Combarro - Poio

Detalles do Evento

O grupo Café Quijano ofrecerá un concerto gratuíto o sábado 22 de agosto, ás 23.30 horas, na Praza da Chousa de Combarro, dentro da programación da Festa do Mar 2026, que terá lugar entre os días 20 e 23 de agosto.

A actuación de Café Quijano será un dos grandes atractivos dunha nova edición da Festa do Mar, unha cita xa consolidada no calendario festivo e cultural de Poio que cada verán reúne en Combarro a milleiros de persoas arredor da música, da gastronomía mariñeira e das tradicións vinculadas ao mar.

Café Quijano é unha das formacións máis recoñecidas da música española, cunha traxectoria de máis de dúas décadas e un repertorio no que conviven grandes éxitos como ‘La Lola’ ou ‘Nada de ná’ cos temas dos seus traballos máis recentes.

O seu concerto será un dos pratos fortes desta edición da Festa do Mar e permitirá disfrutar dun espectáculo de primeiro nivel nun enclave único e con acceso completamente gratuíto.

Café Quijano chega a Poio nun dos mellores momentos da súa traxectoria recente. A banda atópase inmersa na xira ‘Miami 1990 Tour’, coa que está percorrendo máis de 25 cidades españolas e na que varias das súas actuacións colgaron xa o cartel de entradas esgotadas, en cidades como Pontevedra, Gijón ou Valladolid, confirmando a excelente acollida do público.

Hora

(Sábado) 23:30

Localización

Praza da Chousa, Combarro

Praza da Chousa, s/n 36994 Combarro

Está pasando!