Concerto de Judith Jáuregui en Pontevedra

lun23nov20:30Concerto de Judith Jáuregui en PontevedraSociedade Filharmónica de Pontevedra20:30 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A pianista Judith Jáuregui, considerada pola crítica como unha das figuras máis importantes do actual panorama musical español, ofrecerá no Auditorio do Pazo da Cultura un recital con obras de Grieg, Falla, Laura Vega, Bartók, Villa-Lobos e Ginastera.

Será o luns 23 de novembro, ás 20:30 horas, dentro da tempada 2026/2027 da Sociedade Filharmónica de Pontevedra.

GRIEG
Catro Pezas Líricas para piano

FALLA
Pezas Españolas para piano

LAURA VEGA
Bachiana Canariense para piano (2023)

BARTÓK
Suite para piano, op. 14

VILLA-LOBOS
Valsa da dor para piano (1932)

VILLA-LOBOS
Suite floral para piano, op. 97

GINASTERA
Danzas arxentinas para piano, op. 2

O acceso aos concertos é gratuíto para os socios da Sociedade Filharmónica. Poderán retirar as súas entradas nas datas sinaladas ou ben presentando o carné de socio na entrada dos eventos que non precisen reserva previa.

Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na web filarmonicapontevedra.org. A cota mensual é de 15 euros para adultos e 6 euros para o público xuvenil.

Está pasando!