'El Rey que fue' con Els Joglars en Pontevedra

ven06xuñ20:30'El Rey que fue' con Els Joglars en PontevedraTempada de Abonos de Teatro Afundación20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro da Tempada de Abonos de Teatro Afundación, o venres 6 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, Els Joglars porá en escena a obra ‘El Rey que fue’ de Albert Boadella e Ramon Fontserè.

90 min | castelán | TP

DIRECCIÓN: Albert Boadella e Ramon Fontserè
ELENCO: Ramon Fontserè, Pilar Sáenz, Dolors Tuneu, Martí Salvat, Javier Villena, Bruno López-Linares
DIRECCIÓN ARTÍSTICA: Albert Boadella
PRODUCIÓN: Els Joglars



«Unha reflexión sobre a natureza e a condición existencial de Juan Carlos I»

Ano 2023. O Golfo Pérsico. Un rei emérito, ancián e exiliado quere sentir o sabor da súa afastada e querida patria. Dispón unha festa nun luxoso veleiro para degustar unha deliciosa paella en alta mar. Xornalistas, amigas e amigos, xeques e familiares están convidados. Que pode saír mal? Unha revisión humana e sen concesións da vida de Juan Carlos I e dos últimos 50 anos de España. Unha traxedia shakespeariá dun rei no ostracismo que trae ao escenario pantasmas do pasado, decisións, arrepentimentos e orgullos.

Unha ocasión única para ver o mellor de Els Joglars en acción. Incisivos, mordaces e sempre elegantes, a compañía privada máis antiga de Europa sempre foi crítica e crónica da historia de España sobre os escenarios.



RENOVACIÓN DE ABONOS

Se te abonaches á última tempada, agora podes renovar o teu abono e reservar as mesmas butacas, de xeito online ou fisicamente:

  • Online, a través da ligazón que recibirás no teu correo-e, do 9 ao 15 de decembro.
  • Ou na billeteira do Teatro Afundación Vigo (Rúa Marqués de Valladares, s/n) ou na Sede Afundación Pontevedra (Augusto González Besada, 2), o día 16 de decembro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 h.

VENDA XERAL DE ABONOS

Online en www.ataquilla.com do 17 de decembro ao 6 de xaneiro 2025 para Vigo ou ao 17 de xaneiro 2025 para Pontevedra.

VENDA DE ENTRADAS SEN ABONO

Online en www.ataquilla.com ou fisicamente na Sede Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 26), a partir do 7 de xaneiro 2025 para Vigo, e tamén online ou na Sede Afundación Pontevedra a partir do 20 de xaneiro 2025 para Pontevedra.



CULTURA POR ALIMENTOS

Esta tempada enmárcase en Cultura por alimentos, un programa en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Desde Afundación, Obra Social ABANCA, convídannos a todas as persoas que asistades ás funcións a colaborardes con esta campaña solidaria, dando produtos non perecedoiros que se poderán depositar á entrada do teatro.

Máis información AQUÍ.

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!