Feira 'Etiqueta Negra' en Pontevedra

sáb11nov(nov 11)11:00lun13nov(nov 13)20:00Feira 'Etiqueta Negra' en PontevedraGourmet Galego e Innovación Inspiradora 11:00 - 20:00 (13) Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Volve a feira ‘Etiqueta Negra, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora‘ que celebrará o sábado 11, o domingo 12 e o luns 13 de novembro a súa sétima edición. 

Organizada polo Concello de Pontevedra, ‘Etiqueta Negra’ é unha cita ineludible que convoca cada ano no Recinto Feiral de Pontevedra a empresas e produtores, a profesionais da alimentación, da restauración e da distribución, así como a consumidores. Para as firmas expositoras trátase dunha oportunidade única para xerar relacións comerciais, propiciar o contacto directo, descubrir novos clientes e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos.

Xunto á actividade da zona expositiva, en ‘Etiqueta Negra’ desenvolveranse ademais espectáculos de cociña en directo, charlas, presentacións de empresas, de produtos e de novas liñas gourmet, degustacións, demostracións, exhibicións, catas comentadas e outras moitas actividades que se van suceder durante os tres días que dura o evento.

Un ano máis con Estrella Galicia como patrocinador principal, ‘Etiqueta Negra’ conta tamén co apoio de Cabreiroá, Froiz, Gadis e a Mancomunidade do Salnés.

O horario de apertura da feira do sábado e domingo será de 11:00 a 21:00 horas e de 11:00 a 20:00 horas para a xornada do luns.



Clusaga en ‘Etiqueta Negra

Como novidade, o luns 13 de novembro ‘Etiqueta Negra’ acollerá ao Grupo de Traballo de Gastronomía e Turismo promovido polo Clúster Alimentario de Galicia, Clusaga, dentro da súa Área de Mercados e Internacionalización. Este foro privado de debate –que sae por primeira vez de Santiago de Compostela– ten como finalidade xerar un espazo de reflexión entorno ao turismo gastronómico.

Froito deste grupo de traballo, as empresas da industria alimentaria e de bebidas asociadas están a determinar cales son as iniciativas de maior impacto e viabilidade para por en valor os produtos galegos e aumentar o posicionamento da marca Galicia entorno a súa gastronomía.


Hora

11 (Sábado) 11:00 - 13 (Luns) 20:00

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!