Mosteiro de San Salvador Lérez | © Turismo Rías Baixas

Festas de San Benitiño de Lérez en Pontevedra

xov11xulConsultarFestas de San Benitiño de Lérez en PontevedraFesta de Interese Turístico de Galicia(Consultar: xoves) Mosteiro de San Salvador de Lérez - Pontevedra

Detalles do Evento

Nun pequeno montículo, á beira do río Lérez, sitúase o Mosteiro de San Salvador de Lérez, cunha capela dedicada a San Bieito, o santo milagreiro ao que se lle atribúe a curación de enfermidades da pel, sobre todo verrugas e pústulas.

Ata aquí desprázanse os romeiros para asistir a algunha das continuas misas que se celebran desde a mañá, achegarse á pota de cobre onde se queima o aceite milagreiro para adquirilo ou untarllo aí mesmo, e cumprir co rito de pasar por debaixo do altar do santo para obter as súas bendicións.

Entregan como ofrenda ao santo todo tipo de alimentos, que pola tarde se venden na tradicional poxa no adro da igrexa, e revalidan a fe no que, segundo o canto popular, é o santo máis milagreiro: “Se vas a san Benitiño / non vaias ao de Paredes,/ que hai outro máis milagreiro,/ san Benitiño de Lérez”.

Tras a procesión polos arredores da igrexa, na outra beira do río, nun espazo fluvial de grande interese natural chamado Os Salóns do Lérez, os romeiros inauguran a tempada de festas do verán de Pontevedra, e dan conta de grandes cantidades de mexillóns e empanada que ofrece o Concello de Pontevedra.

Esta celebración conta desde 1998 coa declaración de Interese Turístico de Galicia.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Mosteiro de San Salvador de Lérez

Lugar, Porta do Sol, 31, 36156 Pontevedra

Está pasando!