
This is a repeating event15 agosto 202617 agosto 2026
Festas de San Roque 2026 en Vilagarcía
Detalles do Evento
Vilagarcía celebra en 2026 unha edición moi especial das Festas de San Roque, xa que se cumpren 20 anos da declaración de Interese Turístico Nacional.
Detalles do Evento
Vilagarcía celebra en 2026 unha edición moi especial das Festas de San Roque, xa que se cumpren 20 anos da declaración de Interese Turístico Nacional.
O programa celebrarase entre o 14 e o 23 de agosto, con 81 actividades gratuítas para todos os públicos (das que 30 serán musicais) e un amplo operativo organizativo, de tráfico e seguridade.
O programa completo das festas de San Roque 2026 está dispoñible na web municipal vilagarcia.gal e pódese acceder a el a través do QR que figura na cartelería de rúa.
VENRES 14 AGOSTO
- 20:30 – Balcón da Casa Consistorial. Pregón a cargo de Xabier Fortes. O xornalista pontevedrés conduce o programa “La noche en 24 h”, pero tamén é ben coñecido por moderar os debates electorais. O pregón será traducido simultaneamente á lingua de signos.
- 21:00 – Praza de España. Ofrenda floral ao Santo. Agrupacións sociais, culturais e musicais participarán nun desfile que culminará diante da igrexa parroquial, onde farán a súa dádiva ao patrón. O percorrido iníciase no Concello e continúa polo xardín de Ravella, rúa Ramón y Cajal, praza de Galicia, rúa Castelao, rúa Xeneral Pardiñas, rúa Covadonga e finaliza na praza de España.
- 21:00 – Parque da Xunqueira. A Xaiba. Esta formación vilagarciá transmite amor á música polos catro costados tanto nas versións doutros como en composicións propias: cantos de taberna, música tradicional galega, habaneras, fados, cumbias…
- 22:30 – Parque da Xunqueira. Savoy Club Big Band. Antoloxía do Bolero. Este espectáculo é unha homenaxe a un dos xéneros máis románticos e universais da música popular latinoamericana: o bolero. Unha invitación a redescubrir a súa maxia nun formato escénico elegante e vibrante, unha viaxe sonora e emocional dende as súas orixes ata as súas fusións con outros xéneros.
- 23:00 – Alameda. Haus. Os djs Little Pi & Kaiser Xosé e La Vepe propoñen unha intervención musical deseñada para dinamizar a noite e conectar co público a todo ritmo. O formato analóxico do vinilo será o protagonista, tanto no set de apertura, como na sesión principal e no peche da velada.
SÁBADO 15 AGOSTO
- [11:00-12:30] Contorno da capela de San Roque. Festividade de San Roquiño O Pequeno.
- 11:00 – Barrio de San Roque. Pasarrúas San Roquiño o Pequeno. Grupo de Gaitas Nós de Sobradrelo.
- 12:00 – Barrio de San Roque. Misa de San Roquiño. Cantada pola Coral Cortegada. A continuación. Procesión de San Roquiño, acompañada da Banda de Música de Vilagarcía e do grupo de gaitas Nós de Sobradelo. Ao final haberá viño e empanada por xentileza de Hiper Froiz.
- 12:00 – Rúa Castelao. Cabaret Acuático. Casetas de baño, raias mariñeiras, toallas, gorros e traxes de baño vintage, aspersores, balóns de praia e canotieres configuran a evocadora estética modernista desta proposta divertida e refrescante. Compañía: Nelson Quinteiro. Tipo de espectáculo: Teatro de rúa. Duración: 90 min. Público: Todas as idades. Cultura no Camiño 2026.
- 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Malveiras.
- 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Canteiras Bulideiras de Fontecarmoa.
- 23:00 – Rúas da cidade. Festicultores Troupe. Humor e baile, música e tolemia espállanse polas nosas rúas e prazas acompañadas polo seu inigualable artefacto sonoro de tecnoloxía punta alieníxena galaica e o seu “tunning chimpín”. Diversión e rebuldaina para perder a cordura! Cultura no Camiño 2026.
DOMINGO 16 AGOSTO
- 11:45 – Praza de España. Traslado de San Roque. O Santo sae dende a igrexa parroquial, na praza de España, escoltado polo equipo de rugbi da cidade, co acompañamento da Banda de Música de Vilagarcía, cara á capela de San Roque.
- 12:00 – Zona húmida. Festa da Auga. Logo do pregón, dende un guindastre e cun caldeiro na man, comeza a multitudinaria Festa da Auga. Importante: Se tes calquera accidente leve, acude ao Punto de Atención de Primeiros Auxilios que o Concello pon á túa disposición na praza da Peixería de 9:00 a 16:00 horas.
- 20:30 – Rúas da cidade. Procesión de San Roque. O Santo sae da capela de San Roque e, a través da rúa San Roque, a praza da Independencia, as rúas Padre Feijoo e Edelmiro Trillo retorna á igrexa parroquial, na praza de España
- 22:00 – Alameda. Concerto: Abril Fado Atlántico. Proxecto nado en 2007 con carácter aberto, onde teñen cabida o tango ou o choriño brasileiro e tamén, como non, o fado puramente tradicional, sempre coa instrumentación típica desta música. Cultura no Camiño 2026. En colaboración coa Xunta de Galicia.
LUNS 17 AGOSTO
- 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas e Baile Mar de Arousa.
- 19:30 – Rúas da cidade e praza de Galicia. Animaclown. Acrocircus. Espectáculo cheo de reflexión, sensibilidade, risa, fantasía e amor. Esta comedia satírica recrea a vida dun vello acróbata e narra a historia do teatro e o circo a través dos séculos. Compañía: Fundación Tchyminigagua. Tipo de espectáculo: Circo e acrobacias. Duración: 55 min. Público: Todas as idades
- 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Froallo.
- 22:30 – Avda. da Mariña. Verbena popular. Orquestra New York.
MARTES 18 AGOSTO
- 11:00 – Rúas da cidade. Festaclown Social – Animaclown. Iguatuke. Equipo de batucada que interpreta unha ampla variedade de estilos musicais afrobrasileiros, fusionando ritmos tradicionais cunha enerxía única. Compañía: Igual Arte, Con Eles e Fundación Tchyminigagua. Tipo de espectáculo: Pasarrúas musical. Duración: 60 min. Público: Todas as idades
- 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Brisas do Río Ulla.
- 12:30 – Praza de Ravella. Superroquiños. O autoestopista intergaláctico. Un espectáculo de ciencia ficción, de clown e transformismo, con continuas mudanzas de vestiario e personaxes cómicos dotados de poderes propios que desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, que teñen tamén un control total de obxectos malabares e que paralizan o público con monólogos esmendrellantes! Compañía: Aitor Garuz. Tipo de espectáculo: Clown. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
- 19:30 – Praza de Galicia. Certame Festaclow. Finito infinito. A circularidade non ten fin. Podemos saír dela? Podemos cortar coa monotonía e cambiar o rumbo das cousas? Que pasaría se, de súpeto, entrásemos nun mundo de fantasía onde deixáramos de lado o cotián para divertirnos como cando eramos nenas e nenos? Compañía: Trotamundos. Tipo de espectáculo: Circo. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
- 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Treboada de Guillán.
- 21:00 – Praza da II República. Mostra Festaclow. Xelebreixon. Unha nova proposta con moito carácter, xenio e abraiantes números circenses que desafían a gravidade con acrobacias aéreas e de chan, fusionando circo, teatro, danza e humor absurdo. Compañía: Rojo Telón. Tipo de espectáculo: Circo, danza e humor absurdo. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
- 21:00 – Parque da Xunqueira. Concerto: The Eskarallas. Cunha traxectoria forxada a base de quilómetros, estrada e puro punk rock, a banda percorreu gran parte do país compartindo escenario e colaboracións con referentes como Evaristo Páramos (La Polla Records), Josetxu (Piperrak) e Manolo Kabezabolo.
- 22:30 – Parque da Xunqueira. Concerto: Marky Ramone. Na primavera de 1978, Marky uniuse ao lendario grupo pioneiro de punk rock Ramones, cos que estivo á fronte da batería durante 15 anos e máis de 1700 concertos. Sen dar sinais de desacelerar, Marky continúa xirando por todo o mundo coa súa banda, ao tempo que exerce como DJ. Pura enerxía!
MÉRCORES 19 AGOSTO
- 11:00 – Parque Miguel Hernández. Festaclow Social. Ecos do pasado. Un espectáculo familiar no que viaxaremos a través dos contos para descubrir os segredos do noso patrimonio. Monicreques e imaxinación nunha viaxe chea de fantasía e de retranca. Compañía: K’paparota Teatro. Tipo de espectáculo: Monicreques. Duración: 40 min. Público: De 3 a 8 anos.
- 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Airiños do Carril.
- 12:30 – Praza de Ravella. Superroquiños. Breaking broken dreams. Equipada cos seus aparellos e unha actitude estrafalaria, Maple, unha peculiar secretaria, está preparada para demostrar que non todo é o que parece. Unha gran manipulación do aro mesturada con improvisación e comedia física que logra que o seu público se sorprenda co nivel técnico circense e, ao mesmo tempo, que non poida conter a risa. Compañía: Maple Staplegun. Tipo de espectáculo: Circo e clown con hula-hoops. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
- 19:30 – Praza de Galicia. Certame Festaclown. Las Cossas Nostras. Mia Mine e Mr. Vita son gánsteres, vítimas da moda italiana e convídanvos a entrar no seu mundo absurdo e extravagante… Danvos a benvida á “familia”! Unha mestura de comedia física, teatro, clown e circo, cun dúo dinámico de gánsteres cun alto nivel técnico e un espectáculo onde todo é posible. Compañía: Las Cossas Nostras. Tipo de espectáculo: Clown e circo. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
- 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas SAnta Plácida de Rubiáns.
- 21:00 – Praza da II República. Mostra Festaclown. Fins al Cel. Esta é unha historia de soños e transformacións, de medos que se volven impulso. Porque hai veces que só fai falta atopar outras persoas para descubrir de que somos capaces. “Fins al cel” é un salto compartido. Lixeiro e profundo. Humano e máxico. Unha invitación a superar os límites. Compañía: Spinish Circo | Tipo de espectáculo: Circo contemporáneo, barra rusa e acrobacias, Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
- 21:00 – Parque da Xunqueira. Concerto: MK Maik. O proxecto musical de Jesús Güimil Beiras nace dunha historia real de superación persoal, transformando as experiencias vividas en cancións que transmiten forza, esperanza e boa “vibra”.
- 22:30 – Parque da Xunqueira. Concerto: De Ninghures. A aclamada banda, referente do folk galego actual, volve a Vilagarcía para amosar a súa evolución sonora, con máis experimentación na utilización dos instrumentos, sen perder a esencia e medrando en identidade.
XOVES 20 AGOSTO
- 11:00 – Parque Miguel Hernández. Festaclow Social. Marítimas. Din que todo o que o mar quita, dalgún xeito, o mar todo o devolve… Desta volta, a marea trouxo un lote de historias de sereas que aturuxan, de raíñas co cu morado, atadoras rebeldes e mariscadoras que non calan. Todas elas son marítimas. Vinde aos contos coa subida, marchade coa baixada! Compañía: Vero Rilo. Tipo de espectáculo: Narración oral. Duración: 40 min. Público: de 3 a 8 anos.
- 12:30 – Praza de Ravella. Superroquiños. Lidiar. Un espectáculo onde o circo se combina cunha parodia da cultura española. O seu público será a arena, os seus voluntarios os toureiros e el, o touro que remata triunfante! Este personaxe tolo e carismático e que se autoproclama “estúpido profesional”, parece que sae directamente dun cómic e entra na vida real, mais é el quen fai que o seu público se adentre nun mundo de debuxos onde todo pode pasar. Compañía: Mr. Vita. Tipo de espectáculo: Circo e malabares. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
- 19:30 – Praza de Galicia. Certame Festaclown. 5.0. Un espectáculo con equilibrios, acrobacias aéreas variadas, música ao vivo e un sen fin de habilidades dunha das acróbatas máis establecidas de Galicia. “5.0” fala de cambios, de premenopausa, de transformación, de envellecemento…, pero, sobre todo, fala de facelo con amor e con humor. Compañías: Sue Moreno. Tipo de espectáculo: Acrobacias. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
- 21:00 – Praza da II República. Mostra Festaclown. Sen patrón. Tres malabaristas compiten por levar a batuta nun mundo onde todo debería seguir unha orde perfecta. Pero cando ninguén quere ceder o control, os obxectos voan, os patróns rompen e o caos convértese nun xogo tan divertido como fascinante. Compañías: Pistacatro. Tipo de espectáculo: Circo con malabares. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
- 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Baile Perla de Arousa.
- 22:30 – Parque da Xunqueira. Concerto: Barry B. Cun espectáculo magnético baseado na enerxía e na honestidade, a súa forte conexión emocional irradia unha sensación de felicidade que envolve ao público. Con banda completa e arranxos en vivo, reinterpreta o seu catálogo e vai gañando solidez como artista de directo. Unha experiencia intensa, cunha identidade rock reforzada pola súa posta en escena.
VENRES 21 AGOSTO
- 11:00 – Praza de Galicia. Festaclow Social. BSO. Como xa vén sendo habitual, Festaclown volve colaborar coa asociación Con Eles e co taller de teatro Clámide. Un divertimento sobre o mundo do celuloide en rigoroso play-back. Luces, cámara, acción! Compañías: Con Eles e Clámide. Tipo de espectáculo: Teatro xestual. Duración: 25 min. Público: Todas as idades.
- 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Os Xirifeiros.
- 12:30 – Praza de Ravella. Superroquiños. Flash. Un encontro sen palabras, cheo de xestos e ilusións que mesturan o pasado cos pequenos milagres do presente. Un fotógrafo cun equipo doutro tempo que parece capturar non só imaxes, senón momentos máxicos.
- 19:30 – Praza de Galicia. Certame Festaclown. Wasa. Espectáculo cheo de chanzas, conectado á tecnoloxía, á que talvez non hai que facerlle tanto caso, que nos amosa a través do clown, da maxia e de efectos de son as experiencias deste peculiar personaxe que tenta facer un mundo mellor. Compañía: Z Teatro. Tipo de espectáculo: Maxia e clown. Duración: 50 min | Público: Todas as idades
- 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Lumarada de Cornazo.
- 21:00 – Praza da II República. Mostra Festaclown. Check out. Con equívocos, xogos de clown e moita diversión, este mozo de hotel diferente descobre ao longo dunha imprevista xornada de traballo que non hai mellor futuro que vivir desfrutando o presente. Compañía: Adrián Conde. Tipo de espectáculo: Clown. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
- 22:30 – Parque da Xunqueira. Concerto: Chenoa. Cando Chenoa se sitúa baixo os focos, a vitalidade da súa natureza chea de forza e autenticidade converte o seu directo nun espectáculo total. Un inesquecible concerto de grande impacto cargado de enerxía e de música con alma, que fan desta aclamada artista unha das figuras máis sólidas do noso panorama musical.
SÁBADO 22 AGOSTO
- 10:30-13:00 – Casa Consistorial / Salón García. XX Gran Capítulo da Confraría dos Viños de Rías Baixas.
- 10:30 – Concentración de confrarías na Casa Consistorial.
- 11:00 – Recepción do alcalde ás confrarías asistentes e desfile ata o Salón García, acompañados polo grupo de gaitas A Nosa Señora da Xunqueira.
- 12:00 – Desenvolvemento do acto principal no Salón García.
- 11:00 – Parque Miguel Hernández. Festaclow Social. Costureiriña bonita. Unha peza interxeracional coa que grandes e pequenas desfrutarán da música, dos monicreques e das lendas, a través dunha participación activa. Compañía: A Cova das Letras. Tipo de espectáculo: Maxia e monicreques. Duración: 40 min. Público: De 3 a 8 anos
- 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas e Baile A Nosa Señora da Xunqueira.
- 12:30 – Praza de Ravella. Superroquiños. Intríngulis. Malabares, improvisación co público, maxia e clown fusiónanse para crear unha experiencia única. Compañía: Adrián Conde. Tipo de espectáculo: Maxia e clown. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
- 19:30 – Praza de Galicia. Certame Festaclown. Miss Elastic. Un espectáculo de circo musical para toda a familia que inclúe malabares combinados, humor, maxia, contorsionismo, aros hula-hoops, tiro con arco e frecha cos pés, participación do público, lume, luminotecnia e burbullas. Compañía: Valeria Altmark. Tipo de espectáculo: Circo, maxia e acrobacias. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
- 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Mocedade da Torre 83.
- 21:00 – Praza da II República. Mostra Festaclown. Collage. Acrobacias, equilibrios, saltos que desafían a gravidade, manipulación de obxectos e outras doses de enxeño e humor son os elementos deste espectáculo de trampolín cheo de diversión. Compañía: Bot Project. Tipo de espectáculo: Acrobacias e trampolín. Duración: 40 min. Público: Todas as idades.
- 22:30 – Avda. da Mariña. Verbena popular. Grupo Assia.
- 24:00 – Praias da Concha – Compostela. Combate naval. Espectáculo Pirotécnico. Un festival único en Galicia, con máis de 150 anos de historia. Rememora o asedio das tropas españolas ao Callao, no Perú, en 1866. Media hora de espectáculo con fogos acuáticos e aéreos para rematar co sempre celebrado combate entre os barcos e o castelo.
DOMINGO 23 AGOSTO
- 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas A Queimada.
- 21:30 – Rúas da cidade. Desfile de carrozas de verán. Música, folclore e animación de rúa acompañan o desfile que pecha as festas. O percorrido comeza na estación de autobuses pola rúa Moreira Casal, continúa pola avda. Xoán Carlos I, rúa Gumersindo Nartallo, praza da Independencia, rúa Edelmiro Trillo, para rematar na praza de España.










Hora
Consultar (Domingo)
Localización
Concello de Vilagarcía de Arousa
Evento tipo
Todo
Ademais
Escena
Exposicións
Formación
Infantil
Música
Outras
Localización do Evento
Todo
A Aixola
A Casa do Lagoeiro
A Cofradía - Taberna Cultural
A Cova dos Libros Fantásticos
A Farola de Urzáiz
A Lanzada
A Reiboa
A Reiboa, San Xoán de Poio
A Seca
Actividade online
Adro da igrexa de Bora
Adro de San Salvador
AfundacionTV
Agalería
Alameda
Alameda Castelao
Alameda da Guarda
Alameda da Lama
Alameda de Bouzas
Alameda de Castelao
Alameda de Marín
Alameda de Ponte Caldelas
Alameda de Pontevedra
Alameda de Redondela
Alameda de Redondela e Multiusos de Chapela
Alameda de Vilagarcía
Alameda do Carril
Alameda e Teatro Principal de Pontevedra
Alameda Municipal da Estrada
Alameda Rosalía de Castro (Chapela)
Alameda Talo Río
Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo
Area Panorámica de Tui
Ateneo Santa Cecilia
Atrio de festas de Santa Cristina de Cobres
Atrio de San Martiño
Auditorio da Foz do Miñor
Auditorio da Xunqueira
Auditorio da Xuventude
Auditorio de Castrelos
Auditorio de Goián
Auditorio de San Benito
Auditorio de Soutelo de Montes
Auditorio do Centro Dotacional de Torroso
Auditorio do Centro Príncipe Felipe
Auditorio do Centro Social de Mondariz
Auditorio do Multiusos da Xunqueira
Auditorio do Parque de Castrelos
Auditorio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Edificio Cambón)
Auditorio do Pazo da Cultura
Auditorio Emilia Pardo Bazán
Auditorio Lois Tobío
Auditorio Manuel Dopazo (A Bandeira)
Auditorio Mar de Vigo
Auditorio Martín Códax
Auditorio Multiusos de Arbo
Auditorio Municipal da Illa de Arousa
Auditorio Municipal das Neves
Auditorio Municipal de Caldas de Reis
Auditorio Municipal de Cambados
Auditorio Municipal de Cangas
Auditorio Municipal de Catoira
Auditorio Municipal de Nigrán
Auditorio Municipal de O Grove
Auditorio Municipal de Ribadumia
Auditorio Municipal de Salceda de Caselas
Auditorio Municipal de Valga
Auditorio Municipal de Vilagarcía
Auditorio Municipal do Concello de Vigo
Auditorio Municipal do Grove
Auditorio Municipal do Rosal
Auditorio Municipal Manuel Dopazo
Auditorio Municipal Reveriano Soutullo
Auditorio Municipal Sobrino Buhígas
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Auditorio Sede Afundación
Auditorio V Centenario
Aula Cemit A Guarda
Aula Cemit de Poio
Autoridad Portuaria de Vigo
Avenida da Mariña
Avenida das Corbaceiras
Avenida das Corvaceiras
Avenida de Montero Ríos
Avenida de Santa María
Avenida Raína Vitoria
Azucreira de Portas
Baiona
Banda do Río Bueu
Bar Jota Jota
Basílica de Santa María de Vigo (Colexiata)
Biblioteca de Darbo
Biblioteca Municipal de Aldán
Biblioteca Municipal de Coiro
Biblioteca Municipal de Mondariz-Balneario
Biblioteca Municipal de Redondela
Biblioteca Municipal do Grove
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Biblioteca Pública Municipal Benito Varela Jácome
Biblioteca Pública Municipal de Marín
Biblioteca Pública Municipal de Moaña
Biblioteca Pública Municipal de Salvaterra de Miño
Biblioteca Pública Municipal en Cangas
Biblioteca Pública Municipal Luís Seoane
Biblioteca Pública Municipal Rodríguez Fráiz
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
Café Moderno Afundación
Campiño de Santa María
Campo da Feira
Campo de Fútbol de Montelourido
Campo de Fútbol de Noalla
Campo de Fútbol Municipal de Baltar
Campo de Fútbol Municipal de Noalla
Campo de San Benito de Romariz
Campo de Vilar de Fragoso
Campus de Vigo
Campus Remoto da Universidade de Vigo
Canteira de Paredes
Canteira de Vilafría
Canteiras do Porriño
Capela do Hospital
Carballedo
Carballeira de Barrantes
Carballeira de Santa Lucía
Carballeira de Turbela
Carpa na Avenida
Carpa na Avenida Castelao – Coia
Casa Azul
Casa da Cultura da Cañiza
Casa da Cultura de Mondariz-Balneario
Casa da Cultura de Río Maior
Casa da Cultura de Riomaior
Casa da Cultura de Salvaterra
Casa da Cultura Galega
Casa da Cultura Rexina Míguez
Casa da Luz
Casa das Artes
Casa das Campás. Vicerreiroría do Campus de Pontevedra
Casa do Conde
Casa dos Alonso
Casa Galega da Cultura
Casa Verde de Salcedo
Casal de Ferreirós
Castelo de Sobroso
Castelo de Soutomaior
Castelo Fortaleza Dona Urraca
Castroagudín
CEIP de Seixo
Centro Comercial Carrefour
Centro Comercial Praza Elíptica
Centro Cultural da Guarda
Centro Cultural de Ponte Caldelas
Centro Cultural Monte Porreiro
Centro Cultural Municipal do Porriño
Centro Cultural Xaime Illa
Centro Cultural Xaime Illa Couto
Centro Histórico de Pontevedra
Centro Histórico Pontevedra
Centro Multiusos do Concello A Chan-Carballedo
Centro Neural
Centro Neural de Gondomar
Centro Príncipe Felipe
Centro Social "Casa Rosada"
Centro Social de Campañó
Centro Social do Mar
Centro Social Gorgullón
Centro Sur Pontevedra
Centro Veciñal e Cultural de Valladares
Cerdedo
Cerdedo-Cotobade
Cervecería La Beltane
Chancelas, Combarro
Cidade de Pontevedra
CIFP A Xunqueira
CIFP Manuel Antonio
CIP Mogor
CITA
CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais)
Club Náutico Pontevedra
Club Naval de Pontevedra
Colexio San Narciso
Concello da Cañiza
Concello da Cañiza
Concello da Estrada
Concello da Estrada
Concello da Guarda
Concello da Guarda
Concello da Illa de Arousa
Concello da Lama
Concello das Neves
Concello de A Lama
Concello de Agolada
Concello de Arbo
Concello de Baiona
Concello de Barro
Concello de Bueu
Concello de Caldas de Reis
Concello de Cambados
Concello de Cangas
Concello de Catoira
Concello de Cerdedo-Cotobade
Concello de Covelo
Concello de Crecente
Concello de Cuntis
Concello de Dozón
Concello de Forcarei
Concello de Fornelos de Montes
Concello de Gondomar
Concello de Lalín
Concello de Marín
Concello de Meaño
Concello de Meis
Concello de Moaña
Concello de Mondariz
Concello de Mondariz Balneario
Concello de Moraña
Concello de Mos
Concello de Nigrán
Concello de Oia
Concello de Pazos de Borbén
Concello de Poio
Concello de Ponte Caldelas
Concello de Ponteareas
Concello de Pontecesures
Concello de Pontevedra
Concello de Portas
Concello de Redondela
Concello de Ribadumia
Concello de Rodeiro
Concello de Salceda de Caselas
Concello de Salvaterra de Miño
Concello de Sanxenxo
Concello de Silleda
Concello de Soutomaior
Concello de Tomiño
Concello de Tui
Concello de Valga
Concello de Vigo
Concello de Vila de Cruces
Concello de Vilaboa
Concello de Vilagarcía de Arousa
Concello de Vilanova de Arousa
Concello do Grove
Concello do Porriño
Concello do Rosal
Concellos de Moaña e Cangas do Morrazo
Concellos de Oia, A Guarda e O Rosal
Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda
Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga
Conservatorio Superior de Música de Vigo
Convento de Santa Clara
Deputación de Pontevedra
Diferentes cidades de Galicia
Distintos espazos do Concello de Pontevedra
Edición Online
Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra
Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra
Edificio Cambón
Edificio Castelao
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Edificio Redeiras
Edificio Redeiras Praza do Berbés, 11 36202 Vigo España
Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra
El Náutico
Emisión en streaming
English Studio
Ermida de San Cibrán
Escola da Banda de Música de Marín
Escola de Enxeñaría Forestal Campus Universitario da Xunqueira
Escola de Música da Banda de Música de Marín
Escola Naval Militar
Escola Naval Militar de Marín
Escola Oficial de Idiomas de Vigo
Espazo Cultual 'O Sanatorio'
Espazo Cultural 'O Sanatorio'
Espazo Feiral de Tui
Espazo Infantil O Ganapán
Espazo Nemonon
Estación Fitopatolóxica do Areeiro
Estaleiro da Banda do Río
Eurocidade Tui-Valença
Evento Online
Evento virtual
Explanada de Ojea
Explanada Multiusos
Explanada Recinto Feiral Fexdega
Exposición virtual
Fábrica de Salga
Facultade de Belas Artes
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Campus a Xunqueira , s/n 36005 Pontevedra
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Facultade de Deseño
Facultade de Deseño e Moda
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Facultade de Filoloxía e Tradución
Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo
Farola de Urzáiz
Festival Costa Feira
Festival de Cans
Finca de Areeiro
Finca de Besada
Finca de Briz - Parque dos Sentidos
Finca Mouriscade
Formato dixital
Formato Webinar
Forno do Cal
Fundación Laxeiro
Fundación Manolo Moldes
Fundación Manuel Moldes
Fundación RAC Rosón Arte Contemporáneo
Galerías Oliva
Granero Delmas
Hall do Auditorio Mar de Vigo
IES As Barxas
IES de Poio
IES Illa de Tambo
IFEVI
Igrexa de San Francisco
Igrexa de Santa Clara
Igrexa do Convento de Santa Clara
Igrexa Parroquial de San Andrés de Valladares
Igrexario de Cela
Illa das Esculturas
Illa de Ons
Illa de Sálvora
Illa de San Simón
Illa de Tambo
Illa do Covo
Illas Cíes
Island Club
Krazzy Kray
La Fábrica de Chocolate Club
La Gramola
La Huerta
La Huerta Terraza Coctel Bar
La Iguana Club
Lago de Castiñeiras
Libraría Abrente
Libraría Paz
Liceo Casino
Liceo Mutante
Local de Música de Pontevedra
Local Social da Devesa
Local Social de Campelo
Local Social do Gorgullón
Lourido
Lugar por determinar
Magnafor Job Center
Malabar Pérjamo
MARCO
Marna Restaurante
Mercado do Calvario
Mercado Municipal de Pontevedra
Mercado Municipal de Tomiño
Minicines Central
Miradoiro da Fracha, Pontevedra
Miradoiro de Monte Porreiro
Miradoiro de Monteferro
Mollo Espacio Gastronómico
Moneixas
Monte da Fracha
Monte de Santa Trega
Monte do Casás
Monte do Facho, O Hío
Mosteiro da Armenteira
Mosteiro de Aciveiro
Mosteiro de Carboeiro
Mosteiro de Poio
Mosteiro de San Salvador de Lérez
Mosteiro de Santa María de Oia
Mosteiro do Carboeiro
Multiusos da Xunqueira
Multiusos de Arcade
Multiusos de Chapela
Multiusos de Sabarís
Multiusos de Soutelo de Montes
Musart Galería de Arte
Museo da Ciencia do Viño
Museo de Pontevedra
Museo do Mar de Galicia
Museo do Mar de Marín
Museo Liste de Vigo
Museo Liste-Etnográfico de Vigo
Museo Manuel Torres
Museo Massó
Museo Meirande
Museo Municipal Ramón María Aller
Museo Quiñones de León
MUTA
MUTA (espazo mutante para eventos no centro de Vigo)
Nasantiña
Naturnova
Náutico de San Vicente do Mar
O Carril
O Lar das Artes
O Sanatorio
O’Almacén Cultural
Observatorio Astronómico de Cotoabde
Observatorio Astronómico de Cotobade
OMIX A Guarda
Os Pendellos
Paar
Palacete das Mendoza
Palco da Música da Alameda
Palco da Música da Alameda e Praza da Pedreira
Palco da Música de Moaña
Palco da Música e Escaleiras das Palmeiras
Parador de Baiona
Paraninfo do IES Valle-Inclán
Parking Karting
Parque Arqueolóxico da Caeira
Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
Parque Azul
Parque da Feira Vella
Parque da Palma
Parque da Xunqueira
Parque das Palmeiras
Parque de Ankar
Parque de Costa Xiráldez
Parque de Ferreirós
Parque de Miguel Hernández
Parque de San Bartolomeu
Parque de Tafisa
Parque de Torrado
Parque do Espiñeiro
Parque dos Gafos
Parque Eguren
Parque Enrique Valdés Bermejo
Parque Forestal A Tomba
Parque Forestal da Fracha
Parque Forestal de San Miguel de Oia
Parque Forestal do Pontillón do Castro
Parque Miguel Hernández
Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Parque Natural do Río Barosa
Parque Ramal dos Galos
Parque San Bartolomeu de Meira
Parque Xose Novas, Beluso
Parques Forestais Municipais de Pontevedra
Pasarela Doce de Novembro
Paseo da Corredoira
Paseo de Antonio Odriozola
Paseo de Domaio
Paseo de Montero Ríos
Paseo de Portonovo
Paseo dos Gafos
Paseo Marítimo de Chapela
Paseo Marítimo de Moaña
Pavillón Municipal de Gondomar
Pavillón Municipal de Gondomar Bernabé Costas
Pavillón Municipal do Rosal
Pavillón Municipal dos Deportes
Pavillón Universitario de Pontevedra
Pazo Baión
Pazo da Crega
Pazo da Cultura
Pazo da Cultura de Pontevedra
Pazo da Cultura de Pontevedra e Illa de San Simón
Pazo da Cultura e Libraría Paz
Pazo da Deputación de Pontevedra
Pazo da Golpelleira
Pazo da Touza
Pazo de Besada
Pazo de Cea
Pazo de Liñares
Pazo de Lis
Pazo de Mugartegui
Pazo de Oca
Pazo de Torrado
Pazo de Urzaiz
Pazo Emilia Pardo Bazán
Peirao de Arcade
Peirao de Trasatlánticos
Peirao Turístico de Vilagarcía
Peirao Turístico de Vilagarcía de Arousa
Península de Santa Marta
Pinacoteca Francisco Fernández del Riego
Pistas de Campolongo
Polígono de Nantes
Ponte da Ramallosa
Ponte de A Ramallosa
Ponte do Burgo
Ponteareas
Pontevedra
Pontevedra e Salvaterra de Miño
Pontillón do Castro
Portas e Caldas de Reis
Porto de Carril
Porto de Cesantes
Porto de Portonovo
Porto de Raxó
Porto de Vigo
Porto Deportivo Juan Carlos I
Porto do Molle
Porto Turístico de Vilagarcía de Arousa
Portonovo
Praça Deu-la-Deu
Praia da Barbeira
Praia da Concha
Praia de Cesantes
Praia de Lourido
Praia de Montalvo
Praia de Portocelo
Praia de Samil
Praia do Bao
Praia fluvial da Xunqueira, Ponte Sampaio
Praza Alejandro Otero Fernández
Praza Alfredo Romay Besada, Samieira
Praza Arquitecto Antonio Palacios
Praza da Chousa, Combarro
Praza da Constitución
Praza da Curtidoira
Praza da Ferraría
Praza da Granxa, Campelo
Praza da II República
Praza da Pedreira
Praza da Peixería
Praza da Peregrina
Praza da Ravella
Praza da Torre
Praza da Verdura
Praza de Abastos de Bueu
Praza de Abastos de Vilagarcía
Praza de Avelino Vicente
Praza de Curros Enríquez
Praza de Eduardo Chao
Praza de España
Praza de España de Marín
Praza de Fefiñáns
Praza de Galicia
Praza de Massó
Praza de Ourense
Praza de Santa María
Praza del Pracer
Praza do Calvario
Praza do Concello da Cañiza
Praza do Concello da Estrada
Praza do Concello de Baiona
Praza do Concello de Pazos de Borbén
Praza do Concello de Salvaterra
Praza do Corgo
Praza do Mar
Praza do Mosteiro
Praza do Pracer
Praza do Reló
Praza do Teucro
Praza dos Barcos
Praza Fonte de Ramos
Praza Maior da Cañiza
Praza Nova do Mercado de Seixo
Praza Ravella
Provincia de Pontevedra
Radar Estudios
Raxó
Real Mosteiro de Oia
Recinto Amurallado de Dona Urraca
Recinto Amurallado de Salvaterra
Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño
Recinto Feiral de Pontevedra
Recinto Feiral Fexdega
Recinto Multiusos da Estacada
Retransmisión online
Río Lérez
Rúa do Príncipe
Rúa Serra
Rúa Serra, Pontevedra
Rúa Virxe do Camiño
Rúas e prazas de Pontevedra
Ruínas de San Domingos
Ruta do Viño Rías Baixas
Rutas dos Viños de Galicia
Sabucedo
Sala Amalia Dominguez Búa
Sala Ártika
Sala Aturuxo
Sala de exposicións do Pazo da Cultura
Sala Doppler
Sala Karma
Sala Krazzy Kray
Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo
Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación en Vigo
Sala Máster
Sala Molotov
Sala Molotov e Auditorio Mar de Vigo
Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui
Sala Nauta
Sala Overlook do Hotel Bahía
Sala Rebullón
Sala Rivas Briones
Sala Rouge
Sala Sinatra
Sala Supersonic
Sala VerSus
SalaSon
Salinae
Salón García
Salón Regio A Sede RC Celta
Salón Teatro
Samá Samá
San Brais
Santa María de Xeve
Santo Tomé de Piñeiro
Sede Afundación Vigo
Sede de Vigo. Deputación de Pontevedra
Seixo
Seminario Permanente de Jazz
Sinatra Coctel Bar
Skate-Praza de Raíña Victoria
Skate-praza de Raíña Vitoria
Soulbeer
Streaming
Supersonic
Taberna Nasa
Teatro Afundación
Teatro Ensalle
Teatro Municipal da Área Panorámica de Tui
Teatro Municipal de Tui
Teatro Principal da Estrada
Teatro Principal de Pontevedra
Teatro Principal de Pontevedra e Sala Versus
Teatro-Cine Salesianos
Terminal Kaleido Logistics - Porto de Vigo
Terraza Auditorio Mar de Vigo
Tui-Salvaterra de Miño
UNED Pontevedra
Universidade de Vigo
Varios espazos
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Vigo
Vilaboa
Vilagarcía de Arousa
Vilaxoán
Vilaxoán de Arousa
Viveiro de empresas de Barro-Meis
Viveros O Piñeiro
Xardín Umbrío
Xardíns de Elduayen
Xardíns do Doutor Marescot
Xardíns do Sinal
Xuviño, Combarro
ven07agoConsultarFestival Marisquiño 2026 en VigoDo 6 ao 9 de agosto de 2026(Consultar: venres) Vigo


