III Mercado de Oportunidades e de Segunda Man de Inverno en Soutomaior

dom06dec16:30dom20:00III Mercado de Oportunidades e de Segunda Man de Inverno en SoutomaiorNadal 202616:30 - 20:00 Alameda Talo Río - Soutomaior

Detalles do Evento

A terceira edición do Mercado de Oportunidades e de Segunda Man de Inverno, Nadal 2026, organizado polo Concello de Soutomaior, desenvolverase o día 6 decembro na Praza de Talo Río (Arcade) en horario de 16:30 a 20:00 horas.

O mercado, unha iniciativa que busca dinamizar o comercio local, ofrecer un escaparate para os produtos de proximidade e promover o consumo responsable, está aberto á participación de comercios locais, artesáns e persoas particulares que desexen poñer á venda produtos de segunda man e darlles unha nova vida.

A participación será totalmente gratuíta e o Concello porá á disposición das persoas participantes mesas para a exposición dos produtos.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude do 26 de novembro ao 3 de decembro a través da sede electrónica.

Con esta terceira edición, Soutomaior continúa apostando polo comercio de proximidade, a dinamización económica e iniciativas que combinan actividade comercial, convivencia e respecto polo medio ambiente.

Hora

(Domingo) 16:30 - 20:00

Localización

Alameda Talo Río

36690 Arcade - Soutomaior

Está pasando!