This is a repeating event

Monográficos Teatrais 2026 en Soutomaior

ven25set17:00ven20:20Monográficos Teatrais 2026 en Soutomaior18 e 25 de setembro de 202617:00 - 20:20 Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

Se tes 16 anos ou máis e queres achegarte ao mundo do teatro, en setembro tes unha nova oportunidade para experimentar, crear e descubrir diferentes técnicas escénicas.

A actividade desenvolverase os días 18 e 25 de setembro, entre as 17:00 e as 20:00 horas, na Carballeira de Candán.

Dous monográficos impartidos por Andrea Castro nos que se traballará a través do xogo e da práctica.

O primeiro dos contidos será a expresión corporal, que se traballará a partir dos catro elementos da natureza —aire, auga, terra e lume— co obxectivo de desenvolver a conciencia corporal, a creatividade e a capacidade de interacción co espazo.

A segunda parte estará dedicada ao mimo, cunha introdución ás súas principais técnicas a través de exercicios prácticos. As persoas participantes terán a oportunidade de aplicar o aprendido na composición dunha pequena peza teatral dunha duración aproximada de entre tres e cinco minutos.

Os monográficos contan con 15 prazas e a participación é totalmente gratuíta.

Inscricións en liña do 31 de agosto ao 16 de setembro de 2026 en soutomaior.gal

Hora

(Venres) 17:00 - 20:20

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!