Saltar na Rúa | © David Boleas

X Saltar na Rúa en Pontevedra

sáb29ago19:30X Saltar na Rúa en PontevedraSociedad Gimnástica de Pontevedra19:30 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

A Praza da Ferraría converterase o sábado 29 de agosto, a partir das 19:30 horas, nun gran escenario ao aire libre para acoller a décima edición de Saltar na Rúa. 

Trátase dunha cita «moi especial» que comezou a súa andaina coincidindo co 90 aniversario da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, club que este ano alcanza os 99 anos de historia ás portas do seu centenario en 2027.

A competición reunirá aos mellores atletas de Galicia, xunto con destacadas figuras do panorama nacional e do país veciño, Portugal.

Entre as presenzas confirmadas de fóra de Galicia atópase a saltadora portuguesa Ana Rita Silva, asidua ao certame e con marcas que superan os 6 metros en lonxitude e os 13 metros en triplo salto.

A competición organizarse en tres bloques diferenciados a partir de media tarde:

  • 19:30 horas – Salto de lonxitude: Cun total de oito atletas (catro mulleres e catro homes). Os encargados de abrir o concurso serán os pontevedreses Andrea Villaverde —atleta que estivo presente en todas as edicións de Saltar na Rúa— e Sergio, actual titular do equipo absoluto masculino que conta cunha marca acreditada de 7,85 metros.
  • 20:00 horas – Triplo salto: Unha modalidade menos coñecida que o salto de lonxitude, que sempre logra atraer olladas curiosas
  • 20:30 horas – Salto con pértiga: Onde se poderá ver aos atletas “sobrevoando os aires da boa vila”.

Hora

(Sábado) 19:30

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!