Ponteatro: 'El Verdugo’ de El Espejo Negro

xov13mar21:00Ponteatro: 'El Verdugo’ de El Espejo NegroCICLO TEATRAL PARA PÚBLICO ADULTO21:00 Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro do ciclo Ponteatro, o xoves 13 de marzo ás 21:00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, a compañía El Espejo Negro porá en escena a obra ‘El Verdugo’.

José Luis, empregado dunha funeraria, proxecta emigrar a Alemaña para converterse en mecánico. A súa noiva é filla de Amadeo, un verdugo profesional. Cando son sorprendidos na intimidade, as circunstancias obríganos a casar.

Ante a falta de medios económicos, Amadeo, que está a piques de se xubilar, convence a José Luis para que solicite a praza de verdugo, que el vai deixar vacante, o que lle daría dereito a unha vivenda. José Luis acepta a proposta do seu sogro convencido de que xamais se presentará a ocasión de exercer o oficio…

Multipremiada versión teatral de ‘El Verdugo’, de Luis García Berlanga.

  • Adaptación e dirección: Ángel Calvente
  • Elenco: José Vera Nicart, Carlos Cuadros, Laín Calvente e Susana Almahano.
  • Duración: 90 min



PONTEATRO 2025

Ponteatro regresa entre o 20 de febreiro e o 3 de abril con 6 propostas de teatro, danza, humor, xénero musical e monicreques para público adulto.

  • Xoves 20 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal – ‘4 x 4’ de Ron Lalá
  • Xoves 27 de febreiro ás 21h. no Teatro Principal – ‘#2Pilgrims’ de Redrum Teatro
  • Xoves 13 de marzo ás 21h. no Pazo da Cultura – ‘El Verdugo’ de El Espejo Negro
  • Xoves 20 de marzo ás 21h. no Teatro Principal – ‘Reconversión’ de Ibuprofeno Teatro
  • Venres 28 de marzo ás 19h. no Pazo da Cultura – ‘Os miserábeis’ do IES Illa de Ons de Bueu
  • Xoves 3 de abril ás 21h. no Pazo da Cultura – ‘Ceibe’ da compañía da danza Fran Sieira

Todos os espectáculos terán lugar os xoves ás 21h. a excepción de ‘Os miserábeis’ que, ao formar parte do programa do Salón do Libro, terá lugar ás 19h. do venres 28 de marzo a un prezo de 3 euros.

As restantes propostas contarán co prezo habitual de 8 euros e reducido de 4 euros para persoas estudantes, desempregadas e maiores de 65 anos.

Xa está activa a venda en Ataquilla.com tamén do formato abono que oferta o total dos 6 espectáculos a un prezo de 26 euros máis gastos.


Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!