Lucía Pérez será unha das protagonistas de ‘Portugal no Camiño’ | © Lucía Pérez

La Oca Band presenta ‘Portugal no Camiño’ en Sanxenxo

mér31xul22:30La Oca Band presenta ‘Portugal no Camiño’ en SanxenxoUn espectáculo de música galega e portuguesa22:30 Praza do Mar - Sanxenxo

Detalles do Evento

O espectáculo ‘Portugal no Camiño’ estrearase este mércores, 31 de xullo, en Sanxenxo. A cita, con entrada libre e organizada pola orquestra La Oca Band, dará comezo ás 22:30 horas na Praza do Mar.

A edil de Cultura e Eventos, Elena Torres; o humorista Pepo Suevos e o músico vilalongués, Dani Dopazo, convidaron a veciños e visitantes a asistir ao espectáculo no que actuarán Lucía Pérez, Zé Amaro, Manquiña, A Oca Banda e outros artistas sorpresa. “Queremos facer unha homenaxe a todos os portugueses que ano tras ano nos visitan e esta é unha boa maneira de facelo”, explicou Torres.


Presentación de ‘Portugal no Camiño’ | © Concello de Sanxenxo

O humorista Pepo Suevos explicou que do que se trata é de “poñer en valor” a relación entre galegos e portugueses. “A música é ou fío condutor do camiño e dunha relación duradeira non tempo entre portugueses e galegos”, dixo. “Trátase de facer unha festa popular, unha foliada masiva de galegos e portugueses”, asegurou.

Pola súa banda, Dani Dopazo destacou “a grande mistura entre os dous roteiros do Camiño e a música que vai facer que a xente que asista se vaia cun gran sabor de boca”.


Hora

(Mércores) 22:30

Localización

Praza do Mar

Porto Deportivo Juán Carlos I, Sanxenxo

Está pasando!