Presentación do libro 'Xela, aventura na fraga' en Bueu

sáb29mar12:00Presentación do libro 'Xela, aventura na fraga' en BueuTextos de Inma Soto e Ilustracións de Clara Cerviño12:00 Estaleiro da Banda do Río - Bueu

Detalles do Evento

A Libraría Abrente organiza o sábado 29 de marzo a presentación do conto ‘Xela, aventura na fraga’, de Inma Soto Iglesias.

O acto será no Estaleiro de Purro ás 12.00 horas, coa presenza da autora e firma de exemplares.

Plumas, pegadas e cacas axudarán a atopar de que animal se trata. Mergúllate nesta lectura e acompaña a Xela na súa aventura!



A través dos descubrimentos de Xela, unha nena valente e curiosa, os lectores resolverán unha misteriosa desaparición mentres van descubrindo a beleza e a biodiversidade que nos rodea, fomentando o respecto polo medio ambiente e a conservación da nosa paisaxe.

Un conto sobre a natureza, que pon en valor o equilibrio e as relación entre todo o que vive ao noso arredor procurando que as persoas miúdas queran descubrir e coidar o territorio.

Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Estaleiro da Banda do Río

Avenida de Montero Ríos, Bueu

Está pasando!