Proxección de 'La empleada del mes' en Vilagarcía

mér06mar21:00Proxección de 'La empleada del mes' en Vilagarcía8M Día Internacional da MuLler21:00 Salón García - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

No marco do programa de actos do 8M, organizado pola Área de Igualdade – CIM de Vilagarcía para conmemorar o Día Internacional da Muller, o Salón García acolle o mércores 6 de marzo, a proxección cinematográfica de ‘La empleada del mes’ (Véronique Jadin, 2021, España), coa colaboración do Cine Club Ádega.

Unha empregada dunha empresa de produtos de limpeza comete accidentalmente un crime desordenado e sanguento, polo que debe descubrir como cubrir as súas pegadas coa axuda do seu mozo aprendiz.

Entrada de balde ata completar cabida.



PROGRAMA DE ACTOS DO 8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O Maratón Fotográfico pola Igualdade conta este ano coa participación de 31 afeccionados, dos cales 8 son rapaces de idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos. A proba comezará ás 10 horas dende o Auditorio e os concursantes disporán de prazo ata as 19.00 horas para tomar as fotografías dentro do ámbito xeográfico de Vilagarcía. Todos os participantes deberán pasar entre as 13.30 e as 14.30 horas polo punto de control situado na sede do Gato Negro en Carril. Entre as 19 e as 23.59 horas deberán presentar os traballos de forma telemática, enviándoos por correo electrónico segundo se recolle nas bases.

Na modalidade de adultos concederanse tres premios -un por cada unha das tres temáticas propostas-, dotado cada un deles con 200 euros en metálico. Na categoría infantil concederase un único premio consistente nunha cámara de fotos dixital deportiva.

programación do 8M continuará o mércores 6 coa proxección da película ‘La empleada del mes’, unha comedia dirixida por Véronique Jadin que a Concellería programa coa colaboración do Cine Club Ádega. A sesión de cine terá lugar no Salón García a partir das 21:00 horas e a entrada é de balde.

O venres, o 8M, celebrarase o tradicional acto de lectura do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller e aprobado por unanimidade polo Pleno da Corporación. Terá lugar na Praza de Ravella ás 12:00 do mediodía e contará coa intervención dun grupo de alumnos da Escola Municipal de Música Bernardo del Río, que interpretarán unhas pezas musicais.

A semana de actos pecharase o sábado 16 coa obra de teatro ‘Feminíssimas’, unha comedia negra con grandes doses de humor, ironía e complicidade da compañía De este xeito. A representación terá lugar no Salón García a partir das 20.30 horas. A entrada tamén é de balde.

Como é costume, a maiores desta semana de actos, a programación do 8M pecharase máis tarde coa entrega dos premios e a inauguración da exposición das fotografías participantes no Maratón Fotográfico. Será o 5 de abril na sala de exposicións do Auditorio e a mostra poderá visitarse ata finais dese mes.

Hora

(Mércores) 21:00

Localización

Salón García

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!