'Síbaris', de Domingo Villar en Vilagarcía

sáb18nov21:00'Síbaris', de Domingo Villar en VilagarcíaDirixido por Lois Blanco21:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O Auditorio Muncipal de Vilagarcía de Arousa, acolle o sábado 18 de novembro, a única obra de teatro de Domingo Villar, ‘Síbaris’, interpretatada por Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Nóvoa.

Trátase dunha obra póstuma que, agora, baixo a dirección de Lois Blanco, sobe ao escenario do emblemático recinto cultural da cidade olívica para render homenaxe a unha das grandes figuras das letras galegas contemporáneas.



Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.

Laura, a súa muller, anímao a aceptar un convite da Universidade da Sorbona, disposta, coma tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do célebre autor, pero a primeira aparición pública de Víctor Morel en anos remata nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo.

A vida dos Morel está para se afundir no desconsolo, cando Laura encontra unha saída…

As entradas para este espectáculo están á venda dende 12 euros a través de Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!