This is a repeating event

X Festival das Núbebes en Pontevedra

sáb05outConsultarX Festival das Núbebes en PontevedraFESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS PARA BEBÉS E FAMILIA(Consultar: sábado) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Co outono volve o Festival das Núbebes. Serán catro intensos días ateigados de propostas arredor das artes escénicas, pensadas e dirixidas á cativada.

Teremos teatro, música, sesións de contos, a guerra de almofadas…

Un amplo abano de cousiñas bonitas que preparamos con moito cariño e uns fermoso programa de actividades desenvolverase en distintos espazos da cidade: o Teatro Principal, a Casa das Campás e a sala polivalente do Teatro Principal, situada no andar superior.

Terá lugar os días 5, 6, 12 e 13 de outubro e ten xa activada a venda anticipa de entradas a través da plataforma Ataquilla a un prezo de 3 euros máis gastos.

Comeza a décima edición. Benvidos e benvidas ao Festival das Núbebes!



X FESTIVAL DAS NÚBEBESFESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS PARA BEBÉS E FAMILIA

 SÁBADO 5 OUTUBRO 

Inauguración con Roque e artistas convidadas

  • 12:30 h.
  • Teatro Principal
  • Teatro, monicreques e música
  • Duración: 50 min
  • Público familiar
  • Entrada de balde*

Mans

  • 16:30, 17:45 e 18:45 h.
  • Casa das Campás
  • Pablísimo
  • Contos
  • Duración: 40 min
  • De 6 meses a 3 anos
  • Entrada 3 EUR*

Contos con Roque

  • 16:45 e 18:00 h.
  • Teatro Principal
  • Baobab Teatro
  • Contos e monicreques
  • Duración: 35 min
  • De 0 a 6 anos
  • Entrada 3 EUR*

Consertasso na horta

  • 17:15 e 18:45 h
  • Sala polivalente do Teatro Principal
  • Brais das Hortas
  • Música
  • Duración: 45 min
  • De 2 a 6 anos
  • Entrada 3 EUR*

 DOMINGO 6 OUTUBRO 

Ondamini

  • 11:30 e 17:30 h
  • Sala polivalente do Teatro Principal
  • Mamá Cabra
  • Música
  • Duración: 35 min
  • De 6 meses a 3 anos
  • Entrada 3 EUR*

Tralará

  • 12:00, 16:30 e 17:45 h
  • Casa das Campás
  • Marta Ortíz
  • Contos, obxectos e música
  • Duración: 40 min
  • De 0 a 6 anos
  • Entrada 3 EUR*

Puño, Puñete

  • 12:30 e 18:30 h
  • Teatro Principal
  • Baobab Teatro
  • Teatro, música, contos e monicreques
  • Duración: 40 min
  • De 0 a 6 anos
  • Entrada 3 EUR*

 SÁBADO 12 OUTUBRO 

As máis molonas de Pakolas

  • 11:30, 16:30 e 18:00 h
  • Sala polivalente do Teatro Principal
  • Pakolas
  • Música. Rock infantil e familiar
  • Duración: 55 min
  • Público familiar
  • Entrada 3 EUR*

Este queixo, queixolán

  • 12:00, 17:00 e 18:15 h
  • Casa das Campás
  • Pavís Pavós
  • Contos
  • Duración: 35 min
  • De 1 a 3 anos
  • Entrada 3 EUR*

A volta ao mundo, nun día, a través das nanas (Estrea)

  • 12:30, 17:15 e 18:45 h
  • Teatro Principal
  • Asociación Bonnie Cooper
  • Espectáculo de música clásica, soprano e piano
  • Duración: 60 min
  • De 0 a 6 anos
  • Entrada 3 EUR*

 DOMINGO 13 OUTUBRO 

Chimpo da ra

  • 11:30, 16:45 e 17:45 h
  • Casa das Campás
  • Raquel Queizás
  • Contos
  • Duración: 35 min
  • De 6 meses a 3 anos
  • Entrada 3 EUR*

Son animal

  • 11:30 e 17:00 h
  • Sala polivalente do Teatro Principal
  • Paco Nogueiras
  • Música
  • Duración: 55 min
  • A partir de 2 anos
  • Entrada 3 EUR*

Guerra de almofadas con Roque

  • 12:30 h
  • Teatro Principal
  • Cada participante (pequenas/os e grandes) deberá traer o seu coxín ou almofada
  • Duración: 40 min
  • Público familiar
  • Entrada de balde*

Concerto “A Voar” e clausura do festival con Roque

  • 18:15 h
  • Teatro Principal
  • Cé Orquestra Pantasma e Baobab Teatro
  • Música e monicreques
  • Duración: 60 min
  • Público familiar
  • Entrada 3 EUR*



NORMAS DE PARTICIPACIÓN:

  • Ten en conta que todas as actividades do programa teñen un aforo limitado, e que o número de prazas dispoñibles dependerá das características de cada unha delas e a idade recomendada.
  • Para asistir ás actividades, tanto as que sexan de balde como as que teñan un custe, é necesario ter entrada. As entradas poden recollerse na billeteira do Teatro Principal desde unha hora antes do inicio de cada sesión ou traela descargada da casa, a través do servizo que ofrece Ataquilla
  • As entradas que sexan de balde só poderán retirarse o mesmo día da función (un máximo de 4 por persoa e espectáculo) desde unha hora antes da actividade na billeteira do Teatro Principal.
  • As entradas que sexan de pago poderán mercarse por anticipado a través de Ataquilla e, de non esgotarse, tamén na billeteira do Teatro Principal desde unha hora antes do inicio da actividade.
  • Por favor, chega un pouco antes da hora. As actividades programadas comezarán puntualmente. Unha vez iniciada a función non se poderá acceder ao espazo onde se celebre.
  • Os e as bebés deben ir sempre acompañados/as. Todas as persoas, independentemente da súa idade, deben ter cadansúa entrada.
  • As actividades recollidas neste programa poden estar suxeitas a cambios de última hora alleos á organización. A duración das sesións especificadas na programación é aproximada.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!