X Festivala 2026 en Vilagarcía

sáb30maiConsultarX Festivala 2026 en Vilagarcía'Mulleres creando'(Consultar: sábado) Praza da II República - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A praza da II República acollerá o vindeiro 30 de maio, sábado, a décima edición de Festivala, un certame pioneiro en Galicia e en España para reivindicar o feminismo e que hai “mulleres creando”.

Festivala 2026, organizado por O Soño de Lilith, arrancará ás 8 da tarde do sábado 30 de maio, pero antes haberá un aperitivo: a proxección, o mércores 20, no Salón García e en colaboración co Cine Club Ádega, da película “Altas luces”. Ao final, haberá un coloquio coas súas dúas directoras.

A gala do día 30 será conducida por Tamara GR, que irá dando paso ás distintas actuacións: Sés, A Pedreira, Miss Bolivia, Chocolate Remix, Amelet Trotet, Señora DJ e As do Xeito. 

Miss Bolivia e Chocolate Remix son dúas bandas arxentinas que demostran, segundo Daisy Alcalde, que tanto o reguetón como a hip-hop tamén poden ser feministas.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Praza da II República

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!