XIII Premios Martín Códax da Música en Pontevedra

mér27maiConsultarXIII Premios Martín Códax da Música en PontevedraAsociación Músicas ao Vivo(Consultar: mércores) Auditorio do Pazo da Cultura - Pontevedra

Detalles do Evento

A cidade de Pontevedra acollerá a gala dos Premios Martín Códax da Música, que se presenta como unha cita máis que consolidada ao chegar á súa décimo terceira edición.

Desde a Asociación Músicas ao Vivo debulláronse os detalles da gala, que terá lugar o vindeiro mércores, 27 de maio, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Xogando coa casualidade de ser a edición número 13, a temática do evento xirará en torno ás supersticións, os rituais e a idea de “sacar o meigallo” e darlle a volta á mala sorte, elementos todos eles moi entroncados coa cultura e o patrimonio inmaterial de Galicia. A cerimonia estará dirixida e coordinada pola actriz Tero Rodríguez.

No apartado artístico, os directores musicais anunciaron unha dobre proposta para a noite: a profundidade da artista Laura LaMontagne contrastará co estilo máis lixeiro e festivo da Orquestra Neverloura, que reivindicará a esencia da verbena clásica para evitar que o ritmo da gala decaia.

A escenografía, deseñada por Diego Valeiras, buscará fusionar a identidade musical co territorio galego. Valeiras explicou que o escenario recreará unha paisaxe mística galega, evocando os “esfumatos” e as néboas das montañas no inverno mediante o uso de materiais puros e sen tratamento.

Esta edición rexistrou un importante éxito de convocatoria con preto de 450 inscricións nas 15 categorías oficiais. Desde a organización fíxose un chamamento á participación nas votacións do público xeral, que permanecerán abertas ata a noite do domingo 24 de maio a través da web premiosmartincodaxdamusica.gal

O gran recoñecemento desta décimo terceira edición será o Premio de Honra, outorgado á histórica banda Los Suaves, un galardón que xa está a xerar unha forte repercusión en medios especializados a nivel estatal.

Hora

Consultar (Mércores)

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!