This is a repeating event

Festas de Santa Rita 2026 en Vilagarcía

ven22maiConsultarFestas de Santa Rita 2026 en Vilagarcíaa romería urbana máis importante de Galicia(Consultar: venres) Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Vilagarcía desfrutará da romería urbana máis importante de Galicia, con música, tradición e moita animación nas rúas entre o 21 e o 24 de maio, con motivo das festas de Santa Rita.

A tradicional Feira Celta comezará o xoves 22 pola tarde na Xunqueira, onde se instalarán preto de cincuenta postos de artesanía e comida totalmente ambientados. Como de costume, o evento incluirá actividades lúdicas e de animación infantil e musical.

concerto tributo a Alejandro Sanz será o prato estrela da velada do sábado e correrá da man de Fran Valenzuela, un cantante que participou no programa de televisión “Tu cara me suena todavía” e cuxa voz se asemella moito á do autor do “Corazón partío”. O espectáculo leva por título “Lo que fui es lo que soy” e fai un repaso á intensa e exitosa traxectoria de Sanz. A actuación comezará ás 22:30 horas na Xunqueira e é de balde.

A primeira das verbenas, que terán lugar na avenida da Mariña, correrá a cargo de Kubo, unha orquestra que está subindo moito e que destaca polo seu coidado e vistoso espectáculo, no que a posta en escena e as luces realzan a calidade das interpretacións. Comezará ás 22:30 horas.

E o venres será a prestixiosa Orquestra Capitol a que, a partir das 22:00 horas, amenice a noite cunha sesión deseñada para animar a bailar. O domingo, o baile servirao Moe DJ, un clásico na cabina da discoteca A Condesa, que cumpre vinte e cinco anos dinamizando as pistas de baile de Galicia.

Como non podía ser doutro xeito, as festas de Santa Rita contarán a diario con pasarrúas dos grupos de gaitas e das formacións folclóricas locais. No marco do programa Son da Casa! destaca o espectáculo “Érase outra vez. O Musical”, que o domingo porá en escena no Auditorio a Escola de Música Coda coa colaboración da Sinfonietta, agrupación creada no seo da Escola Municipal de Música Bernardo del Río.

O público infantil terá actividades específicas, centradas especialmente na xornada do sábado, coas proxeccións de curtas do Festivaliño On the Road e a animación da Feira Celta. Ademais, haberá teatro familiar no Salón García e contacontos na Biblioteca no marco da programación das Letras Galegas.

A axenda de Santa Rita complétase cos ingredientes habituais: a gastronomía típica das romarías (postos de polbo á feira e churrasco, rosquillas e churros na contorna de Vista Alegre), as misas e a procesión do venres, as atraccións no Parque Miguel Hernández e na TIR e tamén con deporte: a celebración da IV Regata Santa Rita e o Torneo Santa Rita de balonmán cadete.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!