This is a repeating event

XLV Festa do Viño de Barro

xov13xuñConsultarXLV Festa do Viño de BarroDo 13 ao 16 de xuño de 2024(Consultar: xoves) Pazo da Crega - Barro

Detalles do Evento

A programación da Festa do Viño de Barro contará, un ano máis, cun espazo protagonista para a cultura local, nunha edición na que o encargado de dar o pregón será Ramón Ballesteros, enfermeiro durante 24 anos no centro de saúde de Barro e que deixou unha fonda pegada entre a veciñanza.

As actuacións de Jorge Menéndez e Son das Tabernas complementan as actuacións de catro orquestras de primeiro nivel como son París de Noia, Marbella, Capitol e La Ola ADN. Banda Xuvenil de Barro será a encargada de poñerlle o ramo á festa desta vez será co espectáculo ‘Verbena Sinfónica’.

Tamén haberá espazo para a música tradicional, co Grupo de Danzas Amor Ruibal, que se encargará da inauguración do XVII Certame Rías Baixas, e as Pandereteiras da AC Peñaflor. E en canto á música coral, actuarán a Coral Polifónica de Barro e a Coral da Portela.

Ademais das distintas e diversas actuacións musicais, nesta edición haberá tamén actividades pensadas para os máis cativos, un espazo para deporte cun torneo de tenis e outro de fútbol, unha exposición de motos clásicas e a tradicional sardiñada e xantar popular.

As catas finais celebraranse o domingo 16, momentos antes da entrega de premios nos que se coroarán os mellores viños locais caseiros e os mellores viños das adegas da D.O. Rías Baixas.



O programa completo da XLV Festa do Viño de Barro é a seguinte:

13 Xoves

  • FESTA INFANTIL. 17:00 h. Inchables de balde para todos os nenos/asno no Pavillón Municipal.
  • XOVES DO VIÑO. 22:30 h Concerto de Jorge Menéndez no Pazo da Crega.
  • Presentación e degustación dos viños das adegas de Barro.

14 Venres

  • FÚTBOL NO CAMPO DO OUTEIRO. A partir das 17:00 h haberá encontros de fútbol de diversas. categorias dos equipos base do Barro CF.
  • INAUGURACIÓN DO XVI CERTAMEN DE VIÑOS DA D.O. “Rias Baixas”.
  • 20.30 h Actuación do Grupo de Danzas “Amor Ruibal de Barro”.
  • 21:00 h Pregón a Cargo de Ramón Ballesteros e actuación do grupo Son das tabernas.
  • VERBENA. 22:30 h ORQUESTRAS PARÍS DE NOIA e LA OLA ADN.

15 Sábado

  • X TORNEO DE TENIS “FESTA DO VIÑO”. 17:00 h Final senior.
  • FÚTBOL NO CAMPO DO OUTEIRO. A partir das 17:00 h haberá encontros de fútbol de diversas categorias dos equipos base do Barro CF.
  • CONCERTOS NO PAZO. 19:00 h: Actuación da Coral Polifónica de Barro, Coro da Portela e Grupo de Pandereteiras da Asoc. Peñaflor.
  • VERBENA. 22:30 Orquestras CAPITOL e MARBELLA.

Domingo 16

  • X XUNTANZA DE VESPAS LAMBRETTAS E MOTOS CLÁSICAS. 12:00 h Exposición no campo da Festa.
  • ANIMACIÓN MUSICAL. A partir das 11.30 h actuación da charanga ALAMBIQUE.
  • CATA DE VIÑOS:

    • 10:30 h. Cata de viños albariños da D.O. “Rias Baixas” no recinto do Pazo.
    • 10:30 h. Cata de viños caseiros no local anexo ao Pazo.
    • 13:30 h Entrega de trofeos.

  • SARDIÑADA. 12:00 h. Sardiñada e viño de balde para todos os/as asistentes no recinto do Pazo.
  • 15:00 h. XANTAR DA FESTA DO VIÑO.
  • CONCERTOS. 21:00 h. VERBENA SINFÓNICA. Afredo Susavila, Silvia Ferre e Pedro Regueira + Banda de Música Xuvenil de Barro.

HORARIO DE VENDA DE VIÑO NO PAZO:

  • Xoves: De 21.00 a 01.00 horas
  • Venres: De 21.00 a 03.00 horas
  • Sábado: De 12.00 a 15.00 e 18.00 a 03.00 horas
  • Domingo: De 11.00 a 15.00 horas

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Pazo da Crega

Lugar Canai, 1, 36194 Barro

Está pasando!