This is a repeating event

Xosé A. Touriñán presenta 'Moi Animal' en Vilagarcía

ven11decConsultarXosé A. Touriñán presenta 'Moi Animal' en VilagarcíaUn monólogo sobre animais que, en realidade, fala de nós(Consultar: venres) Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Xosé A. Touriñán trae ao Auditorio Municipal de Vilagarcía o seu novo monólogo, ‘Moi Animal’.

En ‘Moi Animal’, Touriñán bótalle unha ollada á nosa peculiar relación co resto das especies: queremos os animais, comémolos, humanizámolos, protexémolos, poñémoslles roupa… e, se aparece un mosquito ás tres da mañá, intentamos asasinalo sen ningún remordemento.

Da aldea aos animais de compañía, dos lobos aos vexetarianos, da empatía aos therians, ‘Moi Animal’, é unha viaxe cómica polas contradicións dunha especie que se considera a máis intelixente do planeta… aínda que tampouco hai demasiadas probas.

Un monólogo sobre animais que, en realidade, fala de nós. Das nosas incongruencias, da maneira na que cambiamos e de como somos capaces de querer profundamente os animais… aínda que algúns nos gusten especialmente con patacas.

Porque igual o problema non é que sexamos animais. O problema é que Touriñán é ‘Moi Animal’.

O espectáculo terá lugar o venres 11 de decembro, ás 20:30 horas, e o sábado 12 de decembro, ás 18:30 e ás 21:00 horas.

Entradas anticipadas á venda dende 19,44 euros en Ataquilla.com

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!