This is a repeating event

XXXII Festa dos Callos de Salceda de Caselas

ven04setConsultarXXXII Festa dos Callos de Salceda de CaselasDo 3 ao 12 de setembro de 2026(Consultar: venres) Concello de Salceda de Caselas - Salceda de Caselas

Detalles do Evento

A XXXII Festa dos Callos de Salceda de Caselas, que se celebrará o 6 de setembro, contará cunha ampla programación durante esa semana, nunha cita gastronómica referente en toda Galicia.

A programación desta edición contará con actos do xoves 3 ao sábado 12 de setembro, con citas xa consolidadas como o XVIII Serán dos Callos ou o V Festival de Charangas, coorganizado xunto coa Charanga SGHAE, e que xa é considerado como o mellor festival de charangas de Galicia.

 Unha das novidades deste ano será a xuntanza e comidas de peñas, nas que hai 400 persoas inscritas, e que farán que o ambiente e a festa estén aseguradas dende primeira hora.

Entre as charangas que participarán este ano, hai que resaltar a Charanga New Tocados de Madrid, e que este ano se despide das festas, sendo a de Salceda a súa derradeira actuación en Galicia.

Na parte gastronómica, as potas comezarán a traballar en torno á 1 da madrugada para poder ter o produto listo sobre as 9 da mañá, cociñándose en directo durante toda a noite na propia Praza do Concello para que quen queira pode achegarse a observar a elaboración.

As 20.000 racións preparadas para degustar poderán degustarse na propia Praza do Concello por un prezo de 10 euros nos que se inclúe a tapa de callos, o pan, a bebida, e nas que a veciñanza adquire tamén a cazola e a taza conmemorativa.

Para aquelas persoas que prefiran empregar o xa coñecido como “método da tarteira” e levar unicamente o produto para degustar en familia, poderán facelo a un prezo de 7 euros a ración.

A programación da XXXII Festa dos Callos, que se celebrará do 3 ao 6 de setembro en Salceda de Caselas, é a seguinte:

XOVES 3 DE SETEMBRO

  • 18.00h. O Festivaliño. Parque Raíña Aragonta
  • 22.00h. Cine na Rúa. Buffalo Kids. Parque Raíña Aragonta

VENRES 4 DE SETEMBRO

  • 20.30h. Sue Moreno – 5.0. Parque Raíña Aragonta
  • 22.00h. XVIII Serán dos Callos. Praza do Concello

SÁBADO 5 DE SETEMBRO

  • V Festival de Charangas

    • 17.30h. Pasebares
    • 22.00h. Actuacións na Praza do Concello

DOMINGO 6 DE SETEMBRO

  • 09.30h. Apertura de billeteiras e despacho de callos
  • 11.30h. Animación coa Charanga Costamekrelos, Charanga SGHAE e Animar-T
  • 13.00h. Lectura do pregón a cargo de Federico Pérez Rey
  • 16.00h. Actividades infantís con Animar-T
  • 20.00h. Monólogo de Federico Pérez Rey. Auditorio Municipal. 5 euros

SÁBADO 12 DE SETEMBRO

  • 22.30h. Concerto. A Banda da Loba. Praza do Concello

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Salceda de Caselas

Está pasando!