Festa Corsaria de Marín | © Grupo de Especialistas Hípica Celta

Festa Corsaria de Marín: horarios e programa da maior invasión corsaria das Rías Baixas

13 Agosto 2024

A festa celebrarase en Marín os días 16 e 17 de agosto e contará con exhibicións, invasión noctura, mercadiño, mostras de oficios, obradoiros e moitas cousas máis


Marín prepárase para o gran desembarco da Festa Corsaria 2024, unha cita ineludible no calendario de verán de todas as Rías Baixas, cunha programación que se estende durante todo o sábado 17 de agosto.

A vila mariñeira engalánase e convértese no antigo municipio corsario que foi, lembrando a famosa batalla de Aguete na que o corsario marinense Don Juan Gago de Mendoza liberou ao pobo de Marín da invasión inglesa.

Se queres participar do maior desembarco corsario de todas as Rías Baixas, a Festa Corsaria de Marín é o teu plan para esta fin de semana!



Que é a Festa Corsaria e por que se celebra?

A Festa Cosaria de Marín rememora a batalla que se deu nas costas de Aguete no século XVIII, cando os navíos inglesis trataron de invadir Marín. Juan Gago de Mendoza, un dos máis afamados capitáns galegos, loitou contra eles e impediu que conquistasen as terras marinenses.

A figura de Juan Gago de Mendoza, ademais, tamén foi clave na Guerra da Independencia Española, configurando as coñecidas como Alarmas do Morrazo contra as tropas francesas, liberando Maríon en abril de 1809.


Festa Corsaria de Marín | © Grupo de Especialistas Hípica Celta

Horarios e programa completo 2024

A programación da Festa Corsaria espándese desde o día anterior ata ben entrada a noite do sábado. Aquí podes consultar a programación completa do 2024 da Festa Corsaria con todos os horarios:

VENRES, 16 DE AGOSTO

  • 19.00 a 00.00h. Apertura do MERCADO CORSARIO. Alameda
  • 19.00 a 23.00h. ATRACCIÓNS infantís artesanais. Alameda e Parque Eguren
  • 19.00h. OBRADOIROS corsarios infantís. R/ Real
  • 20.00 h. ANIMACIÓN E PASARRÚAS
    • ZANCUDOS HUMÁNS
    • TURDIÓN E SKALDIR
  • 21.00h. RECREACIÓN HISTÓRICA “Chegada dos ingleses.” Alameda
  • 23.00h. Concerto ZURRUMALLA. Alameda

SÁBADO, 17 DE AGOSTO

  • 11.30 a 00.00h. MERCADO CORSARIO. Alameda
  • 11.30h. ANIMACIÓN E PASARRÚAS:
    • PREGOEIROS e FANFARRIAS do s. XVIII
    • Apertura das BASES MARIÑAS, cos barcos:
      • Corsario Gago de Mendoza – Augusto Miranda
      • Inglés – Concello (R/ Estrada)
  • 12.00 a 15.00h. ANIMACIÓN E PASARRÚAS:
    • Batucadas Axé Bahía, Maracumbé e Rebumbio
    • Charangas Noroeste e Jalácticos
    • Turdión e Skaldir
    • Bufóns da corte
    • Comerciantes
    • Fauno e Deuses
    • Compañía Niño Lápiz
  • 11.30 a 21.00h.
    • GRANXA ESCOLA. Méndez Núñez
    • VILA MARIÑEIRA DE OFICIOS. Parque Eguren
  • 12.00 a 20.00h. OBRADOIROS:
    • Corsarios INFANTÍS. R/ Sol
    • ESGRIMA e TIRO CON ARCO. Parque Eguren
  • 12.00 a 21.00h. Animación DJ (Amigos dos Rapaces). R/ Lameira
  • 13.00 h. EXHIBICIÓNS:
    • FAKIR. Alameda
    • CETRERÍA. Parque Eguren
  • 13.30h. DESFILE Invasión Inglesa
  • 16.30h. Espectáculo INFANTIL. Fondo do Saco
  • 17.30h. Espectáculo INFANTIL. Alameda
  • 18.30h. EXHIBICIÓNS:
    • FAKIR. Praza 8 de Marzo
    • Desfile e combate de ESGRIMA. Praza de España
    • CETRERÍA. Parque Eguren
  • 19.00 a 22.30h. ANIMACIÓN E PASARRÚAS:
    • Batucadas Axé Bahía, Maracumbé e Rebumbio
    • Charangas Noroeste e Jalácticos
    • Turdión e Grimorium
    • Bufóns da corte
    • Comerciantes
    • Fauno e Deuses
    • Compañía Niño Lápiz
  • 20.00h. RECREACIÓN HISTÓRICA Gago de Mendoza. Praza de España
  • 21.00h. Entrega de PREMIOS. Praza de España
  • 22.00h. Concerto BL POP (Amigos dos Rapaces). Lameira
  • 23.30h. GRAN DESFILE Invasión Corsaria. Rúas de Marín
  • 00.30 a 03.30h. DJs Jorge Álvarez & Adrián Gold. R/ Sol

DOMINGO, 18 DE AGOSTO

  • 11:00 a 20:00h. MERCADO CORSARIO. Alameda

Festa Corsaria de Marín | © Grupo de Especialistas Hípica Celta

Como chegar á Festa Corsaria de Marín

Se ves de fóra para desfrutar da Festa Corsaria de Marín, preguntaraste como chegar. A mellor das opcións pode ser utilizar o transporte público, dos que te deixamos todas as combinación horarias nesta ligazón.

En todo caso, vir a Marín en coche tamén é posible, coñecendo todos aqueles aparcadoiros públicos gratuítos que o Concello habilitou nos últimos anos. Poden consultarse a través da App Marín Smart Citie, onde se pode ver en tempo real a ocupación destes aparcadoiros, ou na web do Proxecto Mares, onde poderás descargar un plano coas localizacións dos estacionamentos.

Está pasando!