Hoxe comezan as proxeccións do Cineclub Bueu co filme ‘El buen patrón’ e o documental ‘Voluntarios na loita contra o chapapote en Ons’

10 Febreiro 2023

A Asociación Ecoloxista Anduxía e o Cineclub Bueu colaboran nunha actividade conxunta que terá lugar o venres 10 de febreiro. A partir das 19:00 horas poderase gozar no Centro Social do Mar do documental ‘Voluntarios na loita contra o chapapote en Ons’, tras o que haberá unha charla -coloquio.

A continuación, ás 21:00 horas, proxectarase ‘El buen patrón’, un filme sobre o cinismo empresarial, con toques de comedia, dirixido por Fernando León de Aranoa (2021).

‘El buen patrón’ fíxose en 2022 con seis premios Goya, entre eles o de mellor película, mellor dirección para Fernando León de Aranoa e mellor actor para Javier Bardem Ademais, a lucense Zeltia Montes obtivo o de mellor música orixinal e o actor pontevedrés Celso Bugallo estivo tamén nominado.


Está pasando!