O Cineclub Bueu pechará o 2023 coa proxección do filme sueco ‘O triángulo da tristeza’

11 Decembro 2023

Para pechar o ano, o Cineclub Bueu organiza a proxección en VOSE do filme sueco ‘O triángulo da tristeza’ (Ruben Östlund, 2022). Será o venres 15 de decembro ás 21:00 horas no Centro Social do Mar de Bueu.

Tras a Semana da moda, Carl e Yaya, parella de modelos e influencers, son convidados a un iate nun cruceiro de luxo. Mentres que a tripulación brinda todas as atencións necesarias aos ricos invitados, o capitán négase a saír da súa cabina, a pesar da chegada inminente da soada cea de gala.

Os eventos toman un xiro inesperado e o equilibrio de poder invístese cando se levanta unha tormenta que pon en perigo o confort dos pasaxeiros.

O cota de entrada é de 2 euros para os socixs anuais e de 4 euros para os socixs de sesión.


Está pasando!