O Cineclube Pontevedra presenta a programación de novembro desdobrando sesións

7 Novembro 2020

A aventura, A noite e O eclipse:triloxía da incomunicación de Michelangelo Antonioni protagonizará os martes de novembro no Cineclube.

O novo da alemá Angela Schanelec e do portugués Pedro Costa, imprescindibles estreas do 2020, proxectaranse os dous luns de filmoteca previstos para este mes, en VOSG, grazas á colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe.

Como novidade, tralo anuncio por parte da Xunta de Galicia da restricción de aforos nos teatros e cinemas a 30 persoas, estamos traballando para poder desdobrar as sesións do mes e poder ofrecer dous pases de cada filme.

Polo de agora, de cara á semana que vén, ademais dos dous pases xa programados para luns e martes (o do martes comezará ás 20 h, debido á longa duración do filme e á incompatibilidade co toque de queda), temos xa confirmadas dúas matinés ás 11 h da mañá: mércores 11 para Estaba na casa, pero… e venres 13 para A aventura. 

Os organizadores agardan con isto poder darlles cabida, na medida do posible, a todas as persoas usuarias do cineclube, así como evitar ter que cancelar a programación de novembro debido ao insostible da situación derivada das novas restriccións á cultura.

+info. en facebook.com/cineclubepontevedra/

Luns 9 ás 20:30 h. + Mércores 11 ás 11:00 h. | Teatro Principal

“ESTABA NA CASA, PERO…”

ANGELA SCHANELEC, 2019, Alemaña/Serbia, 105 min., VOSG

Lingua orixinal: alemán

Martes 10 ás 20:00 h. + Venres 13 ás 11:00 h. | Teatro Principal

“A AVENTURA”

Michelangelo Antonioni, 1960, Italia, 145 min., VOSE

Lingua orixinal: italiano

Martes 17 | 20:00 h. | Teatro Principal

*A sesión comezará ás 20:00 h. se continúa o toque de queda ás 23:00 h. e ás 20:30 h. en caso de que se elimine ou estenda ás 00:00 h.

“A NOITE”

Michelangelo Antonioni, 1961, Italia, 122 min., VOSE

Lingua orixinal: italiano

Luns 23 | 20:00 h. | Teatro Principal

*A sesión comezará ás 20:00 h. se continúa o toque de queda ás 23:00 h. e ás 20:30 h. en caso de que se elimine ou estenda ás 00:00 h.

“VITALINA VARELA”

Pedra Costa, 2019, Portugal, 124 min., VOSG

Lingua orixinal: crioulo caboverdiano

Luns 23 | 20:00 h. | Teatro Principal

*A sesión comezará ás 20:00 h. se continúa o toque de queda ás 23:00 h. e ás 20:30 h. en caso de que se elimine ou estenda ás 00:00 h.

“O ECLIPSE”

Michelangelo Antonioni, 1962, Italia, 125 min., VOSE

Lingua orixinal: italiano

Martes 24 | 20:00 h. | Teatro Principal

Está pasando!