O ciclo ‘Fantasio na Rúa’ chega ás Pistas de Vilagarcía este mércores coa divertida comedia ‘¡Vaya vacaciones!’

23 Xullo 2024

Unha comedia sobre as vacacións de verán é a película elixida para proxectar este mércores, 24 de xullo, no barrio das Pistas no marco do programa ‘Fantasio na Rúa’ que organiza a Concellería de Xuventude de Vilagarcía de Arousa.

Trátase do film de produción española ‘¡Vaya vacaciones!’ que se proxectará na rúa Camilo José Cela a partir das 22.00 horas.

Unha divertida historia para todos os públicos dirixida en 2023 por Víctor García León e protagonizada por Toni Acosta, Ernesto Sevilla, Tito Valverde, Gracia Olayo, Daniela Rubio, Manuel Burque e Ramón Barea.

Como no resto do ciclo, as proxeccións de ‘Fantasio na Rúa’ son gratuítas, sobre unha pantalla led, que permitirá que na maioría dos casos se poidan exhibir a partir das oito e media da tarde, como continuación a unha probable xornada de praia ou outro tipo de ocio.

SINOPSE

Manuela e José queren moito aos seus fillos e, sobre todo, idolatran aos seus netos. Pero os primeiros tomaron por costume deixar aos seus cativos ao coidado dos seus avós e estes xa non lembran a última vez que tiveron un rato para eles mesmos. Para colmo, este verán tiveron que cancelar a viaxe dos seus soños porque aos seus fillos lles saíu unha importante viaxe de traballo…, aínda que cedo van a descubrir a verdade: en realidade están de vacacións en Bali.

É a gota que colma o vaso. Acabouse! Manuela e José deixarán de ser os entrañábeis avós e farán que os seus netos pasen o peor verán da súas vidas, farán que chamen aos seus pais e lles supliquen que vaian a recollelos. Pero Carla, Guille e Ali tamén teñen a s súas propias ideas sobre como pasar o verán, plantando batalla aos seus avós nunha guerra sen cuartel.



‘FANTASIO NA RÚA’

Durante un mes e con catorce cintas, o ciclo ‘Fantasio na Rúa’ levará o cine a todos os cascos urbanos, pero tamén aos barrios e parroquias e sempre o a aire libre. A xira comeza na noite do martes 16 de xullo nos xardíns de Ravella e concluirá o mércores 14 de agosto, en plenas festas de San Roque, con ‘Pinocho’, de Guillermo del Toro, en Cea.

A programación do ciclo ‘Fantasio na Rúa’ é a seguinte:

  • ‘Barbie’ | 16 de xullo | 22.00h | Praza de Ravella
  • ‘O Mostro Mariño’ | 17 de xullo | 20:30h | Os Duráns
  • ‘¡Vaya Vacaciones!’ | 24 de xullo | 22:00h | As Pistas
  • ‘¡Salta!’ | 25 de xullo | 22:00h | Vilaxoán
  • ‘Amigos hasta la muerte’ | 26 de xullo | 22:00h | Trabanca Badiña
  • ‘¡Canta 2!’ | 27 de xullo | 22:00h | Praia de Bamio
  • ‘Honeymoon’ | 28 de xullo | 20:30h | Rubiáns
  • +Cuñados’ | 30 de xullo | 20.30h | Praia de A Covacha de Carril
  • ‘O ascenso das Tartarugas Ninja’ | 1 de agosto | 20:30h | O Sixto
  • ‘Dragones y Mazmorras: Honor entre ladrones’ | 5 de agosto | 22:00h | Parque da Coca
  • ‘A elefanta do mago’ | 6 de agosto | 20:30h | Sobradelo
  • ‘O dragón de papá | 11 de agosto | 20:30h | Cornazo
  • ‘As Neves’ | 12 de agosto | 22:00h | Parque da Xunqueira
  • ‘Pinocho de Guillermo del Toro’ | 14 de agosto | 22:00h | Cea
Está pasando!