O xornalista Javier Conde presenta o seu libro ‘Vidas exiliadas’ en Vilaboa

26 Febreiro 2025

O local social da Canteira en Paredes (Vilaboa) acolle este venres 28 de febreiro a presentación do libro “Vidas exiliadas. Veintiún historias de desarraigo y luchas políticas”, de Javier Conde, xornalista, reporteiro e escritor que emigrou a Venezuela nos anos 60 desde a súa Vilaboa natal.

O acto terá lugar ás 19.30 horas, con entrada libre ata completar cabida.

‘Vidas Exiliadas’ reúne 21 historias de homes e mulleres que tiveron que sair das súas nacións de orixe, fundamentalmente por razóns políticas. Cunha fusión de xéneros, o xornalista detalla diferentes experiencias vitais unidas polo fío da emigración. Incluída a súa propia.



Javier Conde deixou España aos 8 anos de idade e chegou coa súa nai, mariscadora en Paredes, ata Venezuela, ainda que tamén percorrería Colombia e Uruguay.

Agora, de volta na súa Galicia natal, recopilou documentación para presentar esta obra que afonda nas diferentes causas, moitas veces políticas, que forzan ao desterro e á migración.

Para Javier Conde este libro reflexa o seu potencial profesional para narrar historias coa capacidade de emocionar ao lector e no que se amosa como un xornalista comprometido coa loita democrática e a liberdade, analizando os procesos con sentido crítico.

Está pasando!