Os xardíns de Ferreirós acollerán este venres os actos conmemorativos do Día da Matría

21 Xullo 2022

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, a concelleira de Memoria Histórica, Marga Caldas (BNG), e a titular de Cultura, Raquel Rodríguez (BNG) presentaron este luns as actividades que se desenvolverán o vindeiro venres día 22 de xullo para conmemorar o Día da Matria en Poio. “Sen dúbida é unha data moi importante, na que queremos reivindicar a importancia da figura da muller no noso país”, indicou a edil nacionalista á hora de dar a coñecer os detalles desta iniciativa.

Logo de dous anos nos que o evento estivo moi condicionado polas restricións sanitarias por mor da COVID-19, neste 2022 “poderemos desenvolver un acto aberto para toda a cidadanía”, celebrou Caldas.

a da A cita será nos xardíns situados nas inmediacións do Casal de Ferreirós, a partir das 20.30 horas. Será entón cando o alcalde Sobral, abra o acto, no que tamén intervirán a propia edil de Memoria Histórica. Este ano, o teatro será protagonista, grazas á obra que o Grupo Chévere interpretará nesta xornada, ‘As fillas bravas de Momán’.

Ademais, como xa é tradición, procederase á entrega de bandeiras conmemorativas desta data, ata rematar existencias.

Está pasando!