Participantes no Desfile de Entroido en Sanxenxo 2024 | Concello de Sanxenxo

Sanxenxo vivirá sete días de Entroido a partir do 3 de marzo

10 Febreiro 2025

  • Repartiranse 10.830 euros en premios nun único Desfile e Concurso de Entroido o domingo 9 de marzo
  • A comitiva sairá do Paseo de Silgar, no cruce con Avenida Luis Rocafort, e concluirá no porto de Portonovo

Sanxenxo vivirá sete días de programación de Entroido a partir do luns 3 de marzo e concluirá cun único desfile e concurso o domingo 9 de marzo no que o Concello repartirá 10.830 euros en premios en tres modalidades diferentes.

A actividade dará comezo o próximo 3 de marzo cos Obradoiros de Entroido para nenos de entre 3 e 12 anos no Pazo Emilia Pardo Bazán en horario de 8 a 15 horas. A inscrición poderá realizarse a partir do 17 de febreiro por sede electrónica de O.A. Terra de Sanxenxo ou no rexistro municipal. Ese mesmo día, coa colaboración da Asociación Cultural Abiñadoira, realizarase unha mostra do Entroido de Galicia na Praza Pascual Veiga ás 18:30 horas.

O martes 4, Arra converterase en epicentro do Entroido con xogos, inchables, sorteos e música en directo no campo de festas. Unha actividade organizada pola Asociación Cultural San Cayetano de Arra coa colaboración do Concello do mesmo xeito que co resto de colectivos.

O mércores, 5 de marzo, Portonovo celebrará o Enterro da Sardiña ás 20 horas, organizado pola Comisión de Festas San Cristóbal de Portonovo, e o 7 de marzo, o Colectivo Veciñal Os Cabritos realizarán en Vilalonga o Enterro da Cabra ás 20:30 horas.

O día 7, no edificio de Usos Múltiples de Portonovo celebrarase, a partir das 21:30 horas, o Espectáculo de Parodias, conducido por Silvia Dorrón, e coas actuacións humorísticas dos veciños. Haberá un único premio de 200 euros á mellor interpretación e accésit de participación de 50 euros.

O 8 de marzo, Portonovo celebrará a X Festa do Jato, organizada pola Asociación Rúa dúas Viños de Portonovo, con actividades e sorpresas durante todo o día.



O domingo 9 de marzo, Sanxenxo porá o broche de ouro do seu Entroido co Desfile Infantil e Adulto a partir das 16 horas. A comitiva sairá do Paseo de Silgar, no cruze con Avenida Luis Rocafort, e concluirá no porto de Portonovo. Os participantes poderán optar a 10.830 euros nun total de 18 premios en tres categorías.

MODALIDADE INFANTIL

Categoría Individual ou Parella
1º Premio: 150 €
2º Premio: 100 €
3º Premio: 80 €

Categoría Grupo
1º Premio: 500 €
2º Premio: 300 €
3º Premio: 200 €

MODALIDADE FANTASÍA (máis de 20 compoñentes)
1º Premio: 1.700 €
2º Premio: 900 €
3º Premio: 600 €

MODALIDADE ADULTOS

Categoría Individual ou Parella
1º Premio: 300 €
2º Premio: 200 €
3º Premio: 150 €

Categoría Grupo ata 20 compoñentes
1º Premio: 800 €
2º Premio: 400 €
3º Premio: 300 €

Categoría Grupo máis de 20 compoñentes
1º Premio: 2.200 €
2º Premio: 1.200 €
3º Premio: 750 €

A data límite de inscrición é o 6 de marzo e a participación será gratuíta. Poderá realizarse a través da sede electrónica de O.A. Terra de Sanxenxo ou no rexistro municipal.


Está pasando!