Visitas guiadas teatralizadas, percorrendo as obras realizadas por Antonio Palacios no casco urbán do Porriño

11 Xuño 2021

Antonio Palacios volve ao mundo dos vivos para acompañarnos visitando a súa obra arquitectónica na vila natal do Porriño. A carón del, Corona González, fotógrafa pioneira, mecenas de obras benéficas e moi preocupada pola saúde e a educación.

Os dous lévannos por unha viaxe de lembranzas, sentimentos, arquitectura, patrimonio e festa da que todos e todas formamos parte.

Dende a Concellería de Cultura e co gallo da celebración do 75 aniversario do falecemento do arquitecto porriñés Antonio Palacios, levaranse a cabo unha serie de 10 visitas guiadas teatralizadas, percorrendo as obras realizadas polo arquitecto porriñés no casco urbán: Botica Nova, Fonte do Cristo, Edificio do Concello, Templete da Rede de San Luis.

Con acompañamento musical de gaiteiro e tamborileiro da Asociación Cultural Lumeirada.

  • Punto de encontro: Templete da Rede de S. Luis (diante do cemiterio municipal)
  • Horario de saída: 12:00 h
  • Duración da visita: 90 minutos
  • Prazas limitadas

Corona Gonzaléz (Tere Rodríguez) e Antonio Palacios (Lucho Penabade)

Lucho Penabade é Antonio PalaciosTero Rodríguez é Corona González, ambos os dous conforman Os Quinquillans, unha compañía especializada no teatro de rúa, desde 1989.


INSCRICIÓNS PARA A ASISTENCIA

Desde o venres anterior a cada unha das datas ao xoves anterior a cada unha das datas, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo inscricionscultura@oporrino.org indicando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos de cada participante
  • Número de teléfono
  • Indicar en asunto: “Inscrición visita teatralizada Antonio Palacios día 5, 19 ou 26 de xuño”

As/os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta responsable dos mesmos.


DATAS

  • 29 de maio
  • 05, 19 e 26 de xuño
  • 25 de setembro
  • 02, 09, 16, 23 e 30 de outubro

Está pasando!