O II Concurso de Pintura Rápida: ‘Pintando a Palacios’, organizado polo Concello do Porriño, terá lugar o día 14 xuño de 2025

15 Abril 2025

O Concello do Porriño convoca o seu II Concurso de Pintura Rápida: ‘Pintando a Palacios’, que terá lugar o día 14 xuño de 2025 no Porriño.

As presentes bases rexerán a participación e concesión de premios para aquelas persoas que se presenten a esta segunda edición do concurso de pintura rápida.



A temática será ‘O centro urbano do Porriño’, técnica libre (óleo, acuarela, carbón, lapis, etc), cun tamaño máximo de 100×100 cm.

As obras realizaranse ao aire libre o mesmo día do concurso. A hora máxima de entrega son as 17.30 horas.

Non se admitirá pintar mediante o emprego de fotografías, temas dixitais ou imaxinarios.

Inscricións ata o 9 de xuño de 2025 a través do Rexistro Xeral ou da Sede Electrónica do Concello do Porriño.

Non perdas a oportunidade de participar e demostrar o teu talento!

Está pasando!