A XXV Matanza Tradicional do Porco celebrarase o domingo 16 na parroquia lalinense de Catasós

11 Febreiro 2025

A matanza era unha das celebracións máis importantes que tiñamos no interior de Galicia e na Comarca de Deza, pois significaba ter garantido o sustento para todo o ano; da matanza e da seitura era do que as familias vivían todo o ano: os chourizos, os xamóns, os lacóns, o touciño…

Nesta 25ª edición, a recreación da Matanza terá lugar o domigo 16 de febreiro, a partir das 10:30 horas, na Casa de Amorín (Antuín) coa implicación da veciñanza da parroquia de Catasós; tamén haberá degustacións de produtos da tempada, recreación de oficios tradicionais de aldea (calceta, ganchillo, tapicería, palillería, afiadores), e un forno cocendo pan.

Ademáis as gaitas dos Dezas de Moneixas e o dúo Dilema amenizarán con música o evento.

Esta actividade forma parte da programación paralela á LVII Feira do Cocido de Lalín, Festa declarada de Interese Turístico Internacional.


Está pasando!