A edición 06 de Novos Cinemas celebrarase do 14 ao 19 de decembro en Pontevedra

27 Maio 2021

Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, celebrarase na cidade de Pontevedra, do 14 ao 19 de decembro do 2021.

O festival terá dúas seccións competitivas, ambas de ámbito internacional: Sección Oficial e Latexos, destinada a dar visibilidade a producións de factura máis fráxil e íntima.

O período de admisión de filmes estenderase dende o 26 de maio ata o 05 de setembro de 2021.

Novos Cinemas é un festival de cine aberto a cineastas emerxentes de todo o mundo que conta con dúas seccións competitivas de ámbito internacional: a Sección Oficial e Latexos, destinada a dar visibilidade a producións de factura máis fráxil e íntima. Poderán inscribirse todas aquelas longametraxes (a partir de 60 minutos) que supoñan a primeira ou segunda obra dos seus realizadores e realizadoras.

Serán admitidos traballos producidos, ou cuxa estrea mundial tivese lugar, despois do 1 de xaneiro de 2021, sempre que non fosen estreados comercialmente en España, nin exhibidos en circuitos de televisión públicos ou privados no momento da súa inscrición a concurso.

Podedes acceder aquí á inscrición e ás bases.

XURADOS E PREMIOS

O festival Novos Cinemas concederá cinco premios:

1. Un Xurado Internacional outorgará o Premio Novos Cinemas á mellor longametraxe da Sección Oficial, cunha dotación económica de 2.000€, para a compañía ou representante legal que inscribise o filme no certame.

2. Un xurado composto por un grupo de estudantes universitarios, pertencentes ao Campus de Pontevedra (UVIGO) e seleccionados pola organización do festival, outorgará o Premio Xurado NOVO da Sección Oficial, cunha dotación económica de 500€ en forma de Bolsa para o director ou directora do filme premiado.

3. Un xurado composto por profesionais da crítica cinematográfica outorgará o Premio da Crítica á mellor longametraxe da competición.

4. O Premio Latexos, concibido gracias á colaboración da Cooperativa Numax, Duplex Cinema, da Cooperativa Zumzeig, do Círculo de Bellas Artes e de CineCiutat, supón a exhibición comercial da película premiada en dita sección Numax (Santiago de Compostela), en Duplex Cinema (Ferrol), no Círculo de Bellas Artes (Madrid), na sala Zumzeig (Barcelona) e en CineCiutat (Palma de Mallorca).

5. Mediante a participación e o concurso dos espectadores e espectadoras (media ponderada de votacións e asistentes), outorgarase o Premio do Público.


Está pasando!