‘Cartulina’ | JP Vine

This is a repeating event

'6º Pequefreak. O meu primeiro festival' en Vigo

sáb19setConsultar'6º Pequefreak. O meu primeiro festival' en VigoGALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL(Consultar: sábado) Centro Comercial Praza Elíptica - Vigo

Detalles do Evento

Os próximos 19 e 20 de setembro volve o Pequefreak ao Galician Freaky Film Festival, con dous días dedicados ao público infantil e xuvenil.

O C.C. Praza Elíptica e as súas sedes (Apo’strophe.arte e Cines Tamberlick) acollerán este evento, único na nosa contorna, no que os máis cativos poderán iniciarse no marabilloso mundo do cinema freak e no que gozarán da experiencia de vivir o seu propio festival de cinema.

O Pequefreak reunirá 24 curtametraxes procedentes de 21 países, ademais dous obradoiros de efectos especiais e a proxección especial de ‘Dentro del laberinto’. Os nenos e nenas decidirán as súas curtas favoritas a través do aplausómetro.

SÁBADO 19 SETEMBRO

  • 10:30h. Obradoiro de Efectos Especiais (PRAZAS ESGOTADAS)
  • 12:30h. Curtametraxes Todos os Pequefreaks, vol. 1
  • 16:30h. Curtametraxes Pequefreaks +7, vol. 1

DOMINGO 20 SETEMBRO

  • 10:30h. Obradoiro de Efectos Especiais (PRAZAS ESGOTADAS)
  • 12:30h. Curtametraxes Todos os Pequefreaks, vol. 2
  • 16:30h. Curtametraxes Pequefreaks +7, vol. 2
  • 17:30h. ENTREGA DE PREMIOS + ‘DENTRO DEL LABERINTO’ + CHARLA DESCUBRINDO OS SEGREDOS DO LABERINTO. Dirixida por Jim Henson, a cinta celebra o seu 40 aniversario. Está protagonizada por David Bowie e Jennifer Connelly e conta a historia de Sarah, unha adolescente que debe atravesar un misterioso labirinto para rescatar o seu irmán pequeno.

GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL

Galician Freaky Film Festival comeza o xoves 17 de asetembro a súa décima edición, que se desenvolverá ata o día 26 na Praza Elíptica de Vigo. O festival celebra unha década dedicada ao cine fantástico cunha programación que combina proxeccións, actividades para profesionais, propostas infantís, exposicións, feira e encontros con cineastas nacionais e internacionais.

Durante estes dez anos o GFFF medrou sen abandonar unha filosofía baseada na liberdade creativa, o apoio a propostas que se afastan dos circuítos máis convencionais e a diversión na sala de cine; proxectando desde curtas de serie B ata filmes presentes en festivais como Sitges ou mesmo nos Óscar.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Centro Comercial Praza Elíptica

Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, Santiago de Vigo, 36203 Vigo

Está pasando!