Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona en Pontevedra

sáb19set19:00Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona en Pontevedraciclo 'Somos Música'19:00 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

Uxía Lambona e a Banda Molona chega a Pontevedra cun espectáculo de música, diversión e alegría para público infantil e familiar.

A actuación será o sábado 19 de setembro, ás 19:00 horas na Praza da Ferraría, dentro do ciclo ‘Somos Música’, o programa de actividades paralelas á Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon de Pontevedra.

Uxía Lambona e a Banda Molona é unha banda infantil formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e á frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía cantando e liderando o camiño.

O seu obxectivo é que todos os nenos canten e bailen, presentándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo.

‘SOMOS MÚSICA’, 14 CONCERTOS PARA AMENIZAR A GRAN FINAL

A programación do ciclo ‘Somos Música’, o combinado de espectáculos paralelos ás probas deportivas de tríatlon, está formada por 14 momentos musicais con Zeltia Irevire, Moi, Uxía Lambona, Hermanos Visi, Helena Egea, Purple, Fred Events DJ, Pablo Méndez Performance, Trifásica Band, Ortiga, Galician Army, De Ninghures e Panorama City.

Concertos en distintos formatos e lugares para ambientar musicalmente a cidade desde que comezan a chegar deportistas, uns días antes do inicio do campionato.

VENRES 18 SETEMBRO

  • 20:00h. Praza da Peregrina. ZELTIA IREVIRE
  • 21:15h. Praza de Ourense. MOI

SÁBADO 19 SETEMBRO

  • 19:00h. Praza da Ferraría. UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
  • 20:00h. Praza de San Xosé. HERMANOS VISI
  • 21:15h. Glorieta de Compostela. HELENA EGEA

DOMINGO 20 SETEMBRO

  • 19:00h. Praza de Peregrina. PURPLE

LUNS 21 + MARTES 22 SETEMBRO

  • 18:00h. Praza de España. FRED EVENTS DJ

MÉRCORES 23 SETEMBRO

  • 18:00h. Praza da Ferraría. Inicio do Desfile
  • 19:00h. Praza de España. Inauguración do evento. PABLO MÉNDEZ PERFORMANCES e TRIFÁSICA BAND

JUEVES 24 SETEMBRO

  • 22:00h. Praza de España. ORTIGA

VENRES 25 SETEMBRO

  • 22:00h. Praza de España. GALICIAN ARMY

SÁBADO 26 SETEMBRO

  • 22:00h. Praza de España. DE NINGHURES

DOMINGO 27 SETEMBRO

  • 22:00h. Recinto Feiral. PANORAMA CITY

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!