A Guarda pecha a programación de outubro cun concerto de corda en sesión “vermouth” na Praza do Reló

29 Outubro 2020

O vindeiro sábado día 31 de outubro ás 12:30 h. o Concello da Guarda pon o broche final á programación de outubro cun música en directo en sesión “vermouth” na Praza do Reló a cargo do grupo centroeuropeo, residente en Oporto, Quinta Corda.

A formación trae á Guarda entre o seu repertorio grandes pezas coma As Catro Estacions de Vivaldi, Adagio de  Albinoni, Divertimento de Mozart ou Danza do Lago dos Cisnes de  Tchaikowsky.

Sen dúbida un delicioso programa, agradable e sinxelo de escoitar, apto para todos os públicos.

Sobre Quinta Corda

Quinta Corda é unha agrupación musical que se presenta en distintas formacións, desde o Trio á Orquestra de cámara, abranguendo así un vasto repertorio que se alastra do barroco ao contemporáneo. Estreouse en 2002 no Mosteiro S. Martinho de Tibães, en Braga na Conmemoración das Xornadas do Patrimonio Arquitectónico, sendo calorosamente recibido polo publico. Ata á data, realizaron un gran número de eventos musicais, como concertos, master clases e festivais en todo o mundo.

VIOLÍNS: Sergey Arutyunyan, Larisa Shomina, Alexandre Arutyunyan

VIOLA: Iakov Arutyunyan

VIOLONCELO: Bruno Fernández

Este concerto forma parte da xira  que o Quinteto está a realizar polas diferentes localidade do Camiño Portugués dentro do programa O Teu Xacobeo, promovido pola Xunta de Galicia.

Está pasando!