A Illa de Arousa conmemora os 25 anos de singladura como municipio propio cun festival na Praia do Bao

28 Xuño 2022

O venres 26 de agosto a partir das 21:00 horas, a Praia do Bao na Illa de Arousa acollerá o festival ‘A Raíz’, un evento cultural co que A Illa celebra os 25 anos de singladura como municipio propio, despois da segregación de Vilanova.

O festival, que sera conducido e animado polo actor e humorista Carlos Blanco, contará coas actuacións de Xosé Manuel Budiño e Tanxugueiras.

Entrada de balde.


Está pasando!