mago paco

A maxia chega este sábado a Sanxenxo co show ‘Xoga e Maxia’ do Mago Paco

25 Marzo 2025

Dentro do ciclo cultural ‘Sanxenxo no foco’, o sábado 29 de marzo, ás 17:30 horas, O Mago Paco amosará todo o seu talento no Auditorio Emilia Pazo Bazán cunha espectacular actuación chea de ilusión, xogos e sorpresas para toda a familia.

O Mago Paco encarna a figura de presentador do prestixioso programa ‘Xoga e Maxia’ onde a través de probas, os participantes competirán para levar ás súas casas algún agasallo.

Realidade ou ficción? Un concurso único, dotado de premios imposibles onde non existen gañadores nin gañadoras, se non participantes que non saberán a que proba terán que enfrontarse para tentar levar un agasallo.

Entrada de balde ata completar cabida.



‘SANXENXO NO FOCO’

Concello de Sanxenxo estrea unha nova programación cultural ‘Sanxenxo no foco’ no Auditorio Emilia Pardo Bazán.

O obxectivo é ofrecer unha proposta enriquecedora e accesible para todos os públicos, a través de eventos artísticos de calidade que inclúan música, teatro, danza, cinema e actividades educativas.

A programación irase dando coñecer trimestralmente e arrincará o domingo 16 de marzo, ás 17:30 horas coa obra musical infantil e familiar, ‘Os tres porquiños’, incluída dentro do Circuito +Escénicas da Deputación de Pontevedra.

29 de marzo, ás 17:30 horas, O Mago Paco toma a substitución coa súa obra musical e infantil. O mago Paco encarna a figura de presentador do prestixioso programa ‘Xoga e Maxia’ onde a través de probas, os participantes competirán para levar ás súas casas algún agasallo. Realidade ou ficción?

Sonsgalia ofrecerá un concerto o 13 abril ás 18 horas con versións de música celta, bandas sonoras, pop, rock e jazz. Sutileza nos arranxos, virtuosismo na interpretación e unha coidada estética son os seus sinais de identidade.

25 de abril, ás 21 horas, o actor Xosé Touriñán, presentará en Sanxenxo o seu monólogo ‘Aquí tou!!’. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida.

10 de maio, ás 18 horas, será a quenda de ‘Os contos de Lobicán’, unha obra de teatro adaptación do libro do mesmo título escrito pola veciña de Sanxenxo Eva Mejuto, gañadora do XV Premio Barriga Verde 2002.

24 de maio, o Auditorio acollerá un concerto de Pancho Varona, ás 21 horas. Guitarrista e compositor español coñecido por acompañar desde principios dos anos 80 ao cantautor Joaquín Sabina.


Está pasando!