A mostra ‘Do Lérez ao Tambre’ chega á Guarda man de Nadia Otero

19 Xaneiro 2023

A inauguración desta exposición pictórica terá lugar o vindeiro venres 27 de xaneiro ás 19:00 horas na Casa dos Alonso da Guarda.


O vindeiro venres día 27 de xaneiro ás 19:00 horas, Nadia Otero, artista de 24 anos nada en O Grove, inaugurará na sala de exposicións do Concello de A Guarda a súa mostra ‘Do Lérez ao Tambre’, onde se poderán ver catorce obras realizadas ao longo da súa vida artística.

A través dos seus óleos descubriranos unha peregrinación dende Pontevedra ata Santiago de Compostela paralela á que se fai no Camiño de Santiago. Esta viaxe levaranos por diferentes puntos da xeografía galega tan recoñecibles como Sanxenxo e A Toxa, entre outros; todos eles unidos baixo o fío conector da auga, sendo representada mediante o mar e o río.

Nesta exposición veremos a progresión que fai esta artista por medio das súas pinceladas, onde en algunhas obras son máis indecisas e en outras máis seguras e maduras, demostrando así a súa evolución.

Tanto a artista como o Concello da Guarda convidan a desfrutar desta viaxe a través da pintura que poderá ser visitada do 27 de xaneiro ao 17 de febreiro en horario de 09:00 a 15:00 horas de luns a venres.


Está pasando!