Markus Stenz | © Max Heiliger

A OSG interpreta mañá xoves, na Sede de Afundación de Pontevedra, un repertorio pezas de Louise Farrenc, Lowell Liebermann e Robert Schumann

15 Xaneiro 2025

Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) protagonizará o primeiro dos concertos que se van celebrar este ano no Auditorio da Sede de Afundación de Pontevedra. Será o vindeiro xoves, 16 de xaneiro, ás 20.30 horas.

A velada, organizada pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Pontevedra, comezará cunha obra de Louise Farrenc (1804-1875), compositora e intérprete francesa que creou un rico legado de creacións que, para moitas voces especializadas, foron inxustamente pouco recoñecidas na súa época e na historia da música.

O concerto da OSG continuará cunha obra contemporánea, do pianista e compositor estadounidense Lowell Lieberman (1961). Completa o repertorio a Sinfonía nº 1 2, op.61, de Robert Schumann (1810-1856).


Orquestra Sinfónica de Galicia | © OSG

Á fronte da Sinfónica de Galicia estará o alemán Markus Stenz (1965). Na súa sólida traxectoria musical, dirixiu formacións como a Orquestra Filarmónica da Radio dos Países Baixos, a Filharmónica de Seúl, a MDR-Sinfonieorchester de Leipzig ou a Filharmónica de Stuttgart.

Programa:

LOUISE FARRENC

Obertura nº 1 en Mi menor, op. 23

LIEBERMANN

Concerto para piccolo e orquestra, op. 50

SCHUMANN

Sinfonía nº 2 en Do maior, op. 61

Recollida de entradas socios: Días 14 e 15 de xaneiro no local da Sociedad Filarmónica (Rúa Tetuán, baixo Teatro Principal) de 17:00 a 20:00 horas, ou o mesmo día do concierto no vestíbulo do Auditorio de Afundación a partir das 19:00 horas.

Venta entradas ancipadas para non socios dende 16,60 euros en Ataquilla.com


Está pasando!