Presentación de ‘Verán con sabor’ | © Concello de Salvaterra de Miño

A vindeira semana comeza en Salvaterra a campaña ‘Verán con sabor’

28 Xuño 2024

‘Verán con sabor’ é unha guía gastronómica dos locais de hostalería de Salvaterra de Miño onde o público poderá degustar suxerencias diferentes durante os meses de xullo, agosto e setembro optando a importantes premios.

Para participar na campaña e coñecer os establecementos adheridos e as súas suxerencias só é preciso entrar na web veranconsabor.concellodesalvaterra.com

Aquelas persoas que participen terán a posibilidade de entrar no sorteo dun primeiro premio de 300€, segundo de 200€, terceiro de 100€, un premio de 60€ e tres premios de 50€ para gastar nos locais participantes ademais de 27 premios máis aportados por estes mesmos locais e 10 bonos para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros.



Para participar o cliente recollerá en calquera dos establecementos adheridos un pasaporte que deberá cubrir con 6 selos diferentes de 6 establecementos visitados. Unha vez conseguidos os selos deberá cubrir os seus datos persoais.

Unha vez rematado o mes de setembro procederase ó sorteo con representantes dos locais adheridos durante o mes de outubro. Os gañadores serán contactados vía telefónica e anunciaranse páxina web do Concello e da campaña.

Está pasando!