Bop Pop | © AMBIENTa

AMBIENTa chega a súa terceira edición cunha programación que medra e amplía a súa oferta audiovisual a través das series e os videoclips

7 Xuño 2023

  • A Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra contará con Bob Pop para presentar o primeiro capítulo da súa serie, Maricón Perdido; e coa actuación do cantareiro e bailador Mondra
  • O ciclo, promovido polo Concello de Pontevedra, será desenvolvido na Praza da Pedreira entre os días 12 e 16 de xuño

Presentación da terceira edición de AMBIENTa | © Concello de Pontevedra

A concelleira de Festas en funcións, Carme da Silva, presentou esta mañá o novo programa do ciclo AMBIENTa que ao longo da semana que vén poderá ser gozado na Praza de Pedreira, entre os días 12 e 16 de xuño. A Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra medra nesta nova edición e consolida a súa oferta dentro da programación do verán.

A terceira edición deste ciclo continúa o seu camiño repetindo espazo co fin de facer públ ico o derei t o á diversidade e, tamén, o dereito a esta diversidade no espazo público. Porén, si haberá novidades no referido ao contido, ao ampliar o seu radio de acción ao incluír unha nova sección baixo o título AMBIENTa Estrea, proxectando por vez primeira no país a obra ‘Anhell69’, de Theo Montoya, premio á mellor película latiniamericana no 37.º Festival de Mar de Plata. Trátase dunha sección froito da colaboración co Cineclube Pontevedra.

Outra novidade, amais da nomeada sección, tamén aparece AMBIENTa Serie, na que se pon o foco no apartado audiovisual episódico que tanto éxito vén acadando nos últimos anos da man das diferentes plataformas dixitais. Así, o mércores 14 de xuño, Bob Pop, referente dentro da comunidade LGBTIQA+ presentará Maricón Perdido, serie creada por el mesmo, para logo ser proxectado o primeiro episodio.

Seguindo coas novidades, tamén se incluirá este ano a proxección dun videoclip da man do Cantareiro e bailador Mondra, actuando, baixo o nome ‘Aghrúuu’. Aproveitando a ocasión, tamén fará vibrar ao público cunha actuación en vivo coa súa proposta musical entre o tradicional e a electrónica.

Máis aló destas novidades, o programa oficial sería completado coa proxección de Blue Jean, o luns 12 de xuño; de Flee, o xoves 15 de xuño; para rematar o venres, 16 de xuño, coa festa de clausura e unha selección de curtametraxes.

No caso de choiva as actividades previstas para o luns, mércores e venres serían trasladadas ao Pazo da Pedreira. No caso do martes e o xoves serían suspendidas ao non poder ofrecerse un espazo alternativo.


 

Está pasando!