Animatrón chega hoxe ao Parque das Palmeiras de Pontevedra para facer gozar á cativada

30 Xullo 2024

  • Entre hoxe martes 30 e o venres 2 de agosto, terán lugar diferentes obradoiros, actuacións, xogos e moito máis para os máis pequenos e pequenas
  • O horario é de 18:00 a 21:00 horas e o acceso libra ata completar cabida

O Parque das Palmeiras de Pontevedra acolle desde esta tarde o espazo Animatrón que estará aberto até o venres 2. Como é habitual daranse cita unha ampla variedade de actividades infantís cuxa participación é aberta e de balde.

O horario deste espazo é de 18:00 a 21:00 horas e enmárcase na programación festiva de verán de Pontevedra, co obxectivo de contribuír a ofrecer actividades para todos os públicos, neste caso para os máis pequenos e pequenas.

Entre as múltiples propostas que achega Rivel, que promete obradoiros moi participativos e espectaculares para esta edición, cabe destacar como novidade o espazo de ‘Xardín infantil’ onde a cativada poderá xogar con follas e prantas de tea, mini carretillas, etc e ser xardineiro/a por un día. A tarde de hoxe contará entre outras actividades cun taller de 3D para cativada e familias.

No apartado de animación, ademais de inchables, obradoiros zancudos, monociclos, malabares, pelotón xigante, globos xigantese e a ludoteca ‘Constrúe a túa nova cidade’ con pezas xigantes de construcción, chalecos e cascos de obra, etc.

As actuacións contarán co Home Orquestra, diversos contacontos e como peche estrela para o último día, un espectáculo de danza aérea.


Está pasando!