Arbo presenta o cartel da LXV Festa da Lamprea, a súa celebración máis internacional

31 Xaneiro 2025

A LXV Festa da Lamprea, unha das citas gastronómicas máis esperadas e recoñecidas de Galicia, que terá lugar os días 25, 26 e 27 de abril, sumará un capítulo máis na historia de Arbo cun programa que une gastronomía, tradición e cultura nun evento declarado de Interese Turístico Internacional.

Unha tradición consolidada froito da ilusión dunha vila por facer do seu principal sinal de identidade, ademais dun motivo de celebración, o eixo principal da promoción da calidade dos seus produtos.

O gañador do cartel anunciador da edición do 2025 é Iñaki Fernandez Iturmendi, de Navarra, coa súa proposta “Raiña da Festa”. O segundo posto foi para Cesar Núñez Núñez, de Astorga e o terceiro posto para Ruben Lucas García, de Murcia.



Unha cita imperdible

A última fin de semana de abril os hostaleiros, adegueiros e habitantes do Concello de Arbo celebran a súa festa por excelencia, que atrae a visitantes de todas partes nunha cita ao redor da cultura da lamprea que ten o prestixio de ser a festa gastronómica máis antiga de Galicia.

Trátase da Festa da Lamprea, que en este ano 2025 cumpre 65 anos. Nela os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas.

Durante estes días poderase degustar nos postos habilitados en Arbomostra a lamprea nas súas diferentes variedades, acompañada dos mellores viños da D.O. Rías Baixas, mentres se goza das diversas actividades que propiciarán un ambiente festivo apto para todos os públicos.

Está pasando!