Presentación da XXVII Festa da Ostra | Concello de Soutomaior

Arcade prepárase para acoller, os días 4, 5 e 6 de abril, a XXXVII edición da Festa da Ostra

11 Marzo 2025

Esta mañá o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, concelleiros da corporación, viticultores e hostaleiros do concello presentaron a XXXVII edición da Festa da Ostra. Unha cita na que tamén estivo presente o subdelegado do Goberno, Abel Losada.

Esta presentación tivo como escenario un lugar idílico como é a Enseada de San Simón co Peirao de Arcade como telón de fondo.


Presentación da XXVII Festa da Ostra | Concello de Soutomaior

Unha festa feita co maior dos agarimos e coidados, unha festa de unión que enxalzará o produto máis típico da parroquia de Arcade, unha festa de interese turístico á que todo o mundo está convidado a vir para descubrir e degustar a Ostra, os Albariños de Soutomaior e a coñecer todos os atractivos do Concello de Soutomaior.

Como marca a tradición, a festa será a primeira fin de semana de abril, os días 4, 5 e 6 de abril agardan recibir máis de 30.000 persoas e vender, a prezos populares, máis de 100.000 pezas de ostras a 10 euros a ducia e a 12 euros a botella de viño albariño das tres marcas de Soutomaior: Noelia Bebelia, Quinta das Eiras e María Vinyals.



O programa de actividades da XXXVII Festa da Ostra é o seguinte:

VENRES 4 DE ABRIL

  • 22:00 h. Osquestras América de Vigo e París de Noia

SÁBADO 5 DE ABRIL

  • 12:00 h. Apertura das casetas de degustación
  • 12:00 h. Pasarrúas con Brassica Rapa
  • 22:00 h. Orquestras Olympus e Kubo
  • 00:00 h. Foguetes de arteficio

DOMINGO 6 DE ABRIL

  • 10:00 h. Pasarrúas coa Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade. Da rúa do Calvario ao Peirao
  • 11:00 h. Apertura das casetas de degustación
  • 12:00- 15:00 h. Música en directo. Fernando Sánchez Jazz Cuartet
  • 13:00 h. Lectura do pregón a cargo de Celso Fernández Sanmartín ‘Celsiño’
  • 18:00 h. Actuación musical de Festicultores Troupe

Está pasando!