As Festas da Peregrina recuperan a normalidade total cun programa de grandes concertos, animación infantil e música pola rúa

19 Xullo 2022

  • Los Planetas, Ilegales e Víctor Manuel súmanse aos artistas xa confirmados para actuaren na praza do Concello entre o 13 e o 22 de agosto
  • A programación das Festas tamén inclúe pasarrúas, charangas, espectáculos pirotécnicos, verbenas en Montero Ríos e a tradicional Batalla de Flores

As Festas da Peregrina 2022 revelaron o seu programa completo. A Boa Vila terá non só unha cita, senón unha chea delas ao longo do mes de agosto, entre o 12 e o 22 de agosto, tal e como queda recollido na programación oficial deste ano elaborada polo Concello de Pontevedra. Tal e como sinala a edil de Festas, Carme da Silva, «vai ser imposíbel non escoitar música nas rúas de Pontevedra durante estes días».

Da Silva lembra que estas Festas que están por vir serán diferentes as dos dous anos anteriores, logo de pasar o peor da pandemia e a crise sanitaria provocada pola Covid-19, deixando atrás as restricións e as limitacións de foros e recintos. Así, os grandes concertos volven sen ningún tipo de barreira á Praza do Concello, se ben «haberá unha actividade intensa e variada, con músicas cheas de alegría, ao poder retomar esa vida festiva, pois un elemento fundamental da Peregrina é poder ser vivida na rúa, non só de ir os concertos; hai que vivila na rúa, gozala nesta».

Nos días pasados, xa foron revelados varios nomes de artistas que actuarán na Praza do Concello: Zahara, Coque Malla, Fernando Costa, Treixadura, Juancho Marqués, O Pequeno Rei da Sabana e Camela; mais deben ser sumados agora Ilegales, Víctor Manuel e Los Planetas.

Os primeiros actuarán o día 20 de agosto e Los Planetas o sábado 13 de agosto. No caso de Víctor Manuel, a súa actuación vén a substituír o concerto de Bunbury, programado baixo a bandeira do Xacobeo 2022, que foi cancelado pola imposibilidade de continuar a súa de despedida. O que ía ser un concerto de pago na explanada do recinto feiral o día 12, será agora unha continuidade das Festas o día 22 de agosto, de balde, na Praza do Concello.

Porén, non son todo os concertos da Praza do Concello. Hai máis, por suposto. O escenario da Praza da Ferraría será o contrapunto perfecto, ofrecendo tamén espectáculos musicais.

O sábado 13 estarán Galifunk Brass ás 21 horas. O domingo 14, o concerto da Coral Alameda do Fogar do Maior, Coral Bella Helenes, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo e a Coral Airiños de Campañó. O luns 15, teremos o show Rock Circk. O martes 16, o Coro Encaixe. O mércores 17, teremos a Marcelo Dobode coa banda Primordiais. O xoves 19, actuará o tributo a Joaquín Sabina, Conductores Suicidas. O venres 20, os locais e veteranos Black Stones. Por último, o sábado 21, será a quenda de Laroá, coa súa mistura de música tradicional e jazz.

Todos os días haberá diferentes agrupacións pola rúa: charangas, pasarrúas e bandas de gaiteiros, para encher de melodía cada recuncho da cidade e propiciar un ambiente festivo. Tamén se recupera a Batalla de Flores, que verá aumentado o seu percorrido este ano, partindo de Virxinia Pereira, pasando por Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac e Padre Amoedo.

A cativada terá na Praza da Curtidoira, mantendo a idea da descentralización das actividades e a posibilidade de ocupar novos espazos públicos, diversos obradoiros e espectáculos infantís como, Puño Puñete, de Baobab Teatro, o martes 16; As minas do Rei Salomón, o mércores 17, con Teatro Ghazafelhos; Soño, o venres 19, con Troula Animación; ou Ghop!, o sábado 20, con Teatro ó Cubo.

Recollendo de novo a tradición das festas, o pregón será lido o sábado 13, ás 12 horas; namentres os espectáculos pirotécnicos acontecerán ese mesmo sábado, na media noite; o luns 15, no mesmo horario; e o domingo 21; sempre entre a Ponte do Burgo e a Ponte de Santiago, logo dunha mudanza na normativa de Portos, que impide o lanzamento desde o peirao dos Gafos, tal e como se realizou noutras ocasións.

Doutra banda, cómpre sinalar que as barracas e outros postos instalados na contorna da Alameda de Pontevedra, tamén estarán presentes seguindo a tónica habitual.

Consulta o programa das Festas da Peregrina en PDF.


PROGRAMA FESTAS DA PEREGRINA 2022

 VENRES 12 DE AGOSTO
  • 18.00 h. Apertura do recinto feiral.
  • 21.30 h. Entrega dos premios Amigos de Pontevedra.
 SÁBADO 13 DE AGOSTO
  • 12.00 h. Lectura do pregón a cargo de Carmen Salinero Corral desde a balconada do Pazo de Mugartegui.
  • 12.30 h. Pasacalles percorrendo César Boente, Don Gonzalo, Ánimas, Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Bastida, Alfóndega, Michelena e praza da Peregrina a cargo das agrupacións folclóricas: Turoqva, Os de Algures, Os Alegres de Mourente, Gaiteiros das Rías Baixas, Duos Pontes e Celme para a ofenda floral.
  • 13.15 h. Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral desde a praza de España pola rúa Michelena ata o santuario da Virxe Peregrina.
  • 13.30 h. Pasacalles a cargo das charangas Mil9 e OT.
  • 13.45 h. Actuación nas prazas do centro histórico das agrupacións folclóricas: Os de Algures, Os Alegres de Mourente, Gaiteiros das Rías Baixas, Duos Pontes e Celme.
  • 18.00 h. Pasacalles a cargo da charanga Mil9.
  • 19.00 h. Actuación nas prazas da cidade do grupo Veira do Río.
  • 21.00 h. Concerto GALIFUNK BRASS. Praza da Ferraría.
  • 22.30 h. Concerto LOS PLANETAS. Praza de España.
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coas orquestras Master e Salsa Costas.
  • 24.00 h. Fogos de artificio. Entre a Ponte do Burgo e a ponte de Santiago. Pirotécnica Penide.
 DOMINGO 14 DE AGOSTO
  • 12.00 h. Misa pontifical no santuario da Virxe Peregrina.
  • 12.00 h. Pasacalles a cargo da charanga OT polo barrio do Burgo.
  • 12.30 h. Actuación nas prazas da cidade do grupo Celme.
  • 13.00 h. Actuación polo barrio de Monte Porreiro do grupo Veira do Río.
  • 13.30 h. Pasacalles a cargo da charanga Mil9.
  • 18.00 h. Pasacalles a cargo da charanga OT.
  • 18.00 h. Pasacalles da charanga Mil9 polo barrio da Parda.
  • 21.00 h. Procesión da Virxe Peregrina e danza gremial de cintas, século XVIII Praza da Peregrina
  • 21.00 h. Concerto de Coral Alameda do Fogar do Maior, Coral Bella Helenes, Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo, Coral Airiños de Campañó. Praza da Ferraría.
  • 22.30 h. Concerto. ZAHARA. Praza de España.
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos. Orquestras Arena e Azabache.
 LUNS 15 DE AGOSTO
  • 10.00 h. Partidas simultáneas de xadrez. Escola de Xadrez Pontevedra. Avenida de Santa María.
  • 11.30 h. Pasacalles a cargo da charanga OT.
  • 12.00 h. Actuación da charanga Mil9 polo barrio de Mollavao.
  • 12.00 h. Actuación do grupo de gaitas Os Alegres.
  • 12.30 h. Pasacalles dos Fervellos do Pío polo centro histórico.
  • 12.30 h. Misa solemne e procesión de Santa María.
  • 17.00 h. Xogos e tradicións populares. Avenida de Santa María.
  • 18.30 h. Actuación polo bario do Burgo do grupo Os Fervellos do Pío.
  • 19.00 h. Concerto da Banda de Música de Salcedo. Avenida de Santa María.
  • 19.00 h. Pasacalles a cargo da charanga OT polo barrio de San Roque, praza de Concepción Arenal.
  • 19.30 h. Actuación de Barafunda Animación. Globotolo. Praza da Curtidoira.
  • 21.00 h. Circo: ROCK CIRCK. Praza da Ferraría.
  • 22.30 h. Concerto. COQUE MALLA. Praza de España.
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra La Rosa.
  • 23.00 h. Verbena de San Roque orquestra Celtia. Praza do Gremio de Mareantes.
  • 24.00 h. Espectáculo pirotécnico. Pirotécnica Xaraiva. Entre a Ponte do Burgo e a ponte de Santiago.
 MARTES 16 DE AGOSTO
  • 11.15 h. Actuación do grupo Duos Pontes nas prazas e rúas da cidade.
  • 11.30 h. Actuación do grupo Gaiteiros das Rías Baixas polo barrio do Gorgullón, avenida de Vigo.
  • 12.00 h. Pasacalles a cargo da charanga Mil9 na zona do Estadio da Xuventude, San Antoniño, Barcelos.
  • 12.00 h. Pasacalles a cargo da charanga OT.
  • 18.30 h. Actuación a cargo da charanga Mil9.
  • 19.00 h. Pasacalles a cargo da charanga OT polo barrio de Campolongo, Rosalía de Castro.
  • 19.30 h. Baobab Teatro. Puño Puñete. Praza da Curtidoira.
  • 20.00 h. Misa solemne na Basílica de Santa María e procesión de San Roque Avenida de Santa María, rúa dos Ferreiros, Afonso XIII, paseo de Colón e Capela de San Roque. Madamitas.
  • 21.00 h. Concerto. CORO ENCAIXE. Praza da Ferraría.
  • 22.30 h. Concerto. FERNANDOCOSTA. Praza de España.
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos, orquestra Tokio.
 MÉRCORES 17 DE AGOSTO
  • 11.45 h. Actuación do grupo Os de Algures nas prazas e rúas da cidade.
  • 12.00 h. Actuación do grupo Gaiteiros das Rías Baixas polo barrio de Campolongo e Rosalía de Castro.
  • 12.00 h. Pasacalles a cargo da charanga OT.
  • 12.30 h. Pasacalles a cargo da charanga Mil9 polo barrio do Gorgullón, avenida de Vigo.
  • 16.30 h. Pasacalles a cargo da charanga Mil9.
  • 19.00 h. Pasacalles a cargo da charanga OT polo barrio de Monte Porreiro.
  • 19.00 h. Actuación do grupo Gaiteiros das Rías Baixas nas prazas e rúas da cidade.
  • 19.30 h. Teatro Ghazafelhos. As minas do Rei Salomón. Praza da Curtidoira.
  • 21.00 h. Concerto. MARCELO DOBODE coa banda PRIMORDIAIS. Praza da Ferraría.
  • 22.30 h. Concerto. TREIXADURA + convidados: Coro Cantigas e Agarimos, Rodrigo Romaní e a Banda de Música de Pontevedra. Praza de España.
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos, Orquestra Monumental.
 XOVES 18 DE AGOSTO
  • 11.30 h. Pasacalles a cargo da charanga OT.
  • 12.00 h. Actuación charanga Mil9 pola zona de Santa Clara, Cruz Vermella, Barcelos.
  • 12.00 h. Actuación do grupo de gaitas Duos Pontes polo barrio da Parda.
  • 12.30 h. Actuación do grupo Gaiteiros das Rías Baixas.
  • 19.00 h. Batalla de Flores. Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac, Padre Amoedo
  • 21.00 h. Festa infantil, O PEQUENO REI DA SABANA. Praza de España.
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa orquestra Eureka.
 VENRES 19 DE AGOSTO
  • 11.30 h. Actuación do grupo Os de Algures polo barrio de San Roque, Concepción Arenal.
  • 11.45 h. Actuación do grupo Pola Vila nas prazas e rúas da cidade.
  • 12.00 h. Pasacalles a cargo da charanga Mil9.
  • 12.00 h. Actuación da charanga OT polo barrio do Gorgullón, Eduardo Pondal, avenida de Vigo.
  • 19.00 h. Pasacalles a cargo da charanga Mil9 barrio de Campolongo, Rosalía de Castro.
  • 19.15 h. Actuación do grupo Pola Vila.
  • 19.30 h. Pasacalles a cargo da charanga OT.
  • 19.30 h. Troula Animación. Soño. Praza da Curtidoira.
  • 21.00 h. Concerto. CONDUCTORES SUICIDAS (Tributo a Sabina). Praza da Ferraría.
  • 22.30 h. Concerto. JUANCHO MARQUÉS. Praza de España.
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos, orquestra Fusión.
 SÁBADO 20 DE AGOSTO
  • 11.30 h. Pasacalles do grupo Os Alegres pola zona de Santa Clara, Cruz Vermella.
  • 12.00 h. Pasacalles a cargo da charanga Mil9 polo barrio de San Roque, Concepción Arenal.
  • 12.00 h. Pasacalles a cargo da charanga Charandonga.
  • 12.30 h. Pasacalles do grupo Pousos na Area polas prazas e rúas da cidade.
  • 17.30 h. Pasacalles a cargo da charanga Charandonga polo barrio da Parda.
  • 18.00 h. Pasacalles a cargo da charanga OT.
  • 19.00 h. Pasacalles do grupo Pousos na Area polas prazas e rúas da cidade
  • 19.30 h. Teatro ó Cubo. Ghop! Praza da Curtidoira
  • 21.00 h. Concerto. BLACK STONES. Praza da Ferraría.
  • 22.30 h. Concerto. ILEGALES. Praza de España.
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coas orquestras Nocturnos e Ámbar.
 DOMINGO 21 DE AGOSTO
  • 12.00 h. Pasacalles a cargo de Duos Pontes.
  • 12.00 h. Pasacalles a cargo de Fervellos do Pío polo barrio da Parda.
  • 12.15 h. Pasacalles a cargo da charanga Charandonga.
  • 18.00 h. Pasacalles a cargo da charanga Charandonga.
  • 18.30 h. Pasacalles a cargo de Fervellos do Pío.
  • 19.00 h. Actuación a cargo da charanga Mil9 barrio do Gorgullón.
  • 19.00 h. Pasacalles a cargo da charanga OT polo barrio do Burgo.
  • 21.00 h. Concerto. LAROÁ. Praza da Ferraría.
  • 22.30 h. Concerto. CAMELA. Praza de España.
  • 22.45 h. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos orquestras Latino e Bahía.
  • 24.00 h. Fogos de artificio. Entre a Ponte do Burgo e a ponte de Santiago, Pirotécnica Xaraiva.
 LUNS 22 DE AGOSTO
  • 18.00 h. Día infantil nas atraccións de feira.
  • 22.30 h. Concerto na praza de España. VICTOR MANUEL.

Está pasando!